De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46, da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, por ignorarse o lugar da notificación, emprázase a persoa interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.
O acto adoptouse polo director xeral do IGVS.
A comparecencia para coñecer o contido íntegro do dito acto deberá efectuarse no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na Xefatura da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo, rúa Alcalde Hevia, 7, andar 4º, Pontevedra, de 9.00 a 14.00 horas, de luns a venres.
A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.
Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
Pontevedra, 8 de marzo de 2017
María Martínez Allegue
Xefa da Área Provincial de Pontevedra
ANEXO
Expediente: P-023/10.
Persoa interesada: Pedro Rodríguez Pazos.
DNI: ...618E.
Asunto: resolución do contrato.