Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Mércores, 29 de marzo de 2017 Páx. 15035

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 9 de marzo de 2017, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se anuncia a contratación documentalmente simplificada mediante procedemento aberto, suxeito a regulación harmonizada, tramitación urxente e criterio prezo, do servizo de limpeza do Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra (expediente 2/2017).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Secretaría Xeral para o Deporte.

b) Dependencia que tramita o expediente: Subdirección Xeral de Xestión Deportiva.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: contrato administrativo de servizos.

b) Descrición do obxecto: servizo de limpeza do Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra.

c) Prazo de execución: un ano (1) a partir da sinatura do contrato.

d) Admisión de prórrogas: si, poderá prorrogarse por un período de doce meses (12).

e) CPV: 90911200 Servizos de limpeza de edificios.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: urxente e documentalmente simplificada.

b) Procedemento: aberto, suxeito a regulación harmonizada e criterio prezo.

4. Valor estimado: douscentos trinta e sete mil catrocentos noventa euros con sesenta e dous céntimos (237.490,62 €).

5. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 118.745,30 €, IVE (21 %): 24.936,52 €. Importe total: 143.681,33 €.

6. Garantías:

a) Garantía provisional: non se exixe.

b) Garantía definitiva: cinco por cento (5 %) do importe de adxudicación, (IVE excluído).

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: consultar a alínea H do cadro de características do PCAP.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional: mediante a presentación dos documentos sinalados nas alíneas J e K do cadro de características do PCAP.

8. Obtención de documentación e información:

a) Dependencia: Secretaría Xeral para o Deporte, Servizo de Contratación e Xestión Económica.

b) Domicilio: rúa Madrid, nº 2, 4, 2º andar. As Fontiñas 15781 Santiago de Compostela.

c) Teléfonos: 881 99 63 52 e 881 99 63 49. Fax: 881 99 63 56.

d) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas, todos os días laborables, excepto sábados, das 9.00 ás 14.00 horas.

e) Consulta de pregos na rede da internet:

http://www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=116013

9. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: ás 14.00 horas do 18 de abril de 2017.

b) Documentación que hai que presentar: a requirida polo prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: no Rexistro da Secretaría Xeral para o Deporte (rúa Madrid, nº 2, 4, 2º andar. As Fontiñas 15781 Santiago de Compostela. Fax: 881 99 63 56. Tamén se poderá presentar por correo certificado conforme as especificacións establecidas no PCAP.

d) Prazo en que o licitador estará obrigado a manter a oferta: dous (2) meses contados desde a data de apertura das proposicións.

10. Apertura de ofertas:

a) Enderezo: dependencias da Secretaría Xeral para o Deporte, rúa Madrid, nº 2, 4, 2º andar. As Fontiñas.

b) Localidade: 15781 Santiago de Compostela.

c) Data: publicarase na Plataforma de contratación pública de Galicia.

11. Outras informacións:

A mesa de contratación comprobará en acto previo a documentación do sobre A e publicará na plataforma de contratación o resultado da apertura, para que se emenden, se é o caso, e dentro do prazo que se indique, os defectos materiais observados na citada documentación.

12. Gastos do anuncio:

Por conta do adxudicatario, así como, se for o caso, a inserción do seu extracto nos medios de comunicación escrita.

13. Data do envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: o día 9 de marzo de 2017.

Santiago de Compostela, 9 de marzo de 2017

Marta Míguez Telle
Secretaria xeral para o Deporte