Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Mércores, 29 de marzo de 2017 Páx. 15040

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

ANUNCIO do 23 de febreiro de 2017, do Servizo de Mobilidade de Pontevedra, polo que se notifican acordos de incoación de expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres devoltos polo servizo de Correos porque, intentada a notificación, non se puido efectuar (expediente PO-00063-O-2017 e nove máis).

A persoa titular do Servizo de Mobilidade da Xefatura Territorial de Pontevedra acordou a incoación dos expedientes sancionadores número PO-00063-O-2017 e nove máis por infracción da normativa sobre transporte terrestre.

Intentada a notificación do acordo de incoación por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo, e de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanse os acordos de incoación ditados ás persoas interesadas.

Infórmaselles que os expedientes sancionadores se atopan a súa disposición nas oficinas do Servizo de Mobilidade da Xefatura Territorial de Pontevedra.

Outorgáselles un prazo quince (15) días hábiles contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE para alegar o que consideren conveniente, presentando ou propoñendo as probas que consideren oportunas.

No suposto que decida voluntariamente pagar a sanción antes de que transcorran trinta (30) días contados desde o seguinte ao da publicación do presente anuncio no BOE, a súa contía reducirase nun 30 % na forma prevista no artigo 146.3 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres. A realización do dito pagamento implica a conformidade cos feitos denunciados, a renuncia a formular alegacións por parte da persoa interesada e a terminación do procedemento sancionador.

Pontevedra, 23 de febreiro de 2017

José Jorge Martínez Fernández
Xefe do Servizo de Mobilidade de Pontevedra

ANEXO

Expediente

Matrícula

Denunciado

DNI/CIF

Infracción denunciada

Data-hora-estrada-p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción proposta

PO-00063-O-2017

P-4832-BCS

Mdiaga Soumare

X1211428H

Carecer do tacógrafo ou dalgún dos seus elementos.

26.10.2016; 12.30.00; N550; 131,0

Art. 140.20 LOTT

Art. 143.1.h) LOTT

2.001 euros

PO-03552-O-2016

1067-CYT

Cia. Protección y Vigilancia Galaica, S.A.

A15922198

A realización de transportes de produtos alimenticios ou mercadorías perecedoiras utilizando un vehículo que careza do certificado de conformidade para o transporte de mercadorías perecedoiras ou telo caducado ou falseado.

21.4.2016; 17.32.00; A55; 26,0

Art. 141.21 LOTT

Art. 143.1.d) LOTT

401 euros

PO-04021-O-2016

LU-2244-S

Distribuciones Marmel, C.B.

E27744614

Atenuante-Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro, carecendo de título habilitante.

23.6.2016; 4.54.00; N550; 124,5

Art. 141.25 en relación Art. 140.1 LOTT

Art. 143.1.k) en relación letra f) LOTT

801 euros

PO-04302-O-2016

3847-HTN

Los Nuevos Valores de Negocio, S.L.

B98147804

O exceso igual ou superior ao 5 por cento e inferior ao 15 por cento sobre a MMA total en vehículos con MMA ata 12 toneladas.

15.7.2016; 7.57.00; A52; 305,0

Art. 142.2 LOTT

Art. 143.1.c) LOTT

301 euros

PO-04304-O-2016

PO-9970-AY

Grúas y Transportes Noroeste, S.L.

B27794619

O exceso igual ou superior ao 5 por cento e inferior ao 15 por cento sobre a MMA total en vehículos con MMA ata 12 toneladas. Exceso de peso igual ou superior ao 9 %.

15.7.2016; 12.29.00; A55; 8,0

Art. 142.2 LOTT

Art. 143.1.c) LOTT

350 euros

PO-04337-O-2016

PO-6275-BP

Distribuciones y Embutidos Rv, S.L.

B36908135

O exceso igual ou superior ao 25 por cento sobre a m.m.a. total en vehículos con MMA ata 12 toneladas. Exceso de peso igual ou superior ao 35 %.

11.7.2016; 16.37.00; PO534; 4,3

Art. 140.23 LOTT

Art. 143.1.h) LOTT

4.000 euros

PO-04432-S-2016

M4909VD

Mármoles y Granitos Sanguiñeda, S.L.

B36445518

Atenuante-Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro, carecendo de título habilitante.

23.8.2016; 12.35.00; N-554; 2

Art. 141.25 en relación Art. 140.1 LOTT

Art. 143.1.k) en relación letra f) LOTT

801 euros

PO-04647-O-2016

LU-7402-J

Adecon Obras y Servicios, S.L.

B27380427

Atenuante-Realizar transporte público de mercadorías utilizando un condutor que carece do CAP, se o obtén no prazo de 6 meses desde a data da denuncia.

14.9.2016; 15.02.00; N525; 307,0

Art. 140.18 LOTT

Art. 141.25 LOTT

Art. 143.1.k) LOTT

Art. 143.1.e) LOTT

601 euros

PO-04805-O-2016

3902-BSW

Construcciones Norsema, S.L.

B36814572

O exceso igual ou superior ao 25 por cento sobre a MMA total en vehículos con MMA ata 12 toneladas. Exceso de peso igual ou superior ao 35 %.

26.9.2016; 12.56.00; N550; 125,0

Art. 140.23 LOTT

Art. 143.1.h) LOTT

4.000 euros

PO-04868-O-2016

46-BR-50

Domingos Alves Martins

Y0578563B

O exceso igual ou superior ao 2,5 por cento e inferior ao 10 por cento sobre a MMA total en vehículos con MMA superior a 12 toneladas. Exceso de peso superior ao 2,5 %.

28.9.2016; 18.15.00; A55; 27,0

Art. 142.2 LOTT

Art. 143.1.c) LOTT

301 euros