Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Mércores, 29 de marzo de 2017 Páx. 15093

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar

RESOLUCIÓN do 23 de marzo de 2017 pola que se anuncia a corrección de erros do prego de prescricións técnicas da licitación publicada mediante a Resolución do 2 de marzo de 2017, pola que se anuncia a contratación da subministración sucesiva de produtos de limpeza e hixiene para os centros de atención a persoas maiores.

No DOG núm. 48, do 9 de marzo de 2017, publicouse a Resolución do 2 de marzo de 2017 pola que se anunciaba a contratación da subministración sucesiva de produtos de limpeza e hixiene para os centros de atención a persoas maiores dependentes do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.

Advertidos erros no anexo I do prego de prescricións técnicas, realízase a seguinte corrección:

1. Onde di:

«Produto: deterxente líquido para lavandaría industrial.

Descrición: formulado a base de tensioactivos concentrados con poder humectante e emulxente. Que se poda combinar con oxidantes. Insensible á dureza da auga. Sen fosfatos. Presentación da unidade: envase de 20 litros».

Debe dicir:

«Produto: deterxente líquido para lavandaría industrial.

Descrición: formulado a base de tensioactivos concentrados con poder humectante e emulxente, cun uso máximo de 5 g por quilo de roupa seca (no suposto de pouco grao de sucidade), que se poida combinar con oxidantes e insensible á dureza da auga. Sen fosfatos. Presentación da unidade en envase de 20 litros».

2. Onde di:

«Produto: deterxente desinfectante.

Descrición: deterxente e desinfectante concentrado para a limpeza e desinfección de todo tipo de superficies. Ampla acción microbicida, formulada con base de amonio cuaternario. Elevado poder de desodorización Ecolóxico Presentación da unidade: envase de 10 litros, con sistema de dosificación mediante dilución automática para fregar os chans e para envases multiusos. Envase fabricado baixo os criterios da etiqueta ecolóxica europea ou similar.

Número de unidades: 700.

Prezo unitario sen IVE: 9,00 €».

Debe dicir:

«Produto: deterxente desinfectante.

Descrición: deterxente e desinfectante concentrado cunha dilución máxima de 0,2 % para a limpeza e desinfección de todo tipo de superficies. Ampla acción microbicida, formulada con base de amonio cuaternario. Elevado poder de desodorización. Presentación da unidade: envase de 10 litros, con sistema de dosificación mediante dilución automática para frear os chans e para envases multiúsos. Envase fabricado baixo os criterios da etiqueta ecolóxica europea ou similar.

Número de unidades: 70 (envases de 10 litros).

Prezo unitario sen IVE: 90 €».

3. Esta corrección afecta o prazo de presentación de ofertas e de apertura do sobre B, recollidos nos número 8 a) e 10, respectivamente, da Resolución do 2 de marzo de 2017, e que quedan do seguinte modo:

8.a) Data límite de presentación: ás 14.00 horas do 17.4.2017.

10. A apertura en acto público do sobre B terá lugar na sala de xuntas do Consorcio, o 24.4.2017, ás 10.00 horas.

Santiago de Compostela, 23 de marzo de 2017

Perfecto Rodríguez Muíños
Xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar