Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Mércores, 29 de marzo de 2017 Páx. 15090

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Fundación Cidade da Cultura de Galicia

RESOLUCIÓN do 1 de marzo de 2017 pola que se dá publicidade a unha encomenda de xestión, para o exercicio 2017, á Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga).

De conformidade co previsto no artigo 8.4 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, dáse publicidade a unha encomenda de xestión para o exercicio 2017, da Fundación Cidade da Cultura de Galicia á empresa pública Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga), coas seguintes características:

Actividade: traballos de roza, poda e mantemento do Bosque de Galicia e do Parque do Lago da Cidade da Cultura de Galicia.

Natureza e alcance da xestión encomendada: esta encomenda ten natureza intrasubxectiva, ao ter Seaga a consideración de medio propio da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o disposto nos artigos 47 e 48 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

Prazo de vixencia: o prazo de execución será dun ano desde o inicio dos traballos.

Santiago de Compostela, 1 de marzo de 2017

Ana Isabel Vázquez Reboredo
Directora xerente da Fundación Cidade da Cultura de Galicia