Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Mércores, 29 de marzo de 2017 Páx. 15086

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ourense

ANUNCIO de formalización do contrato do servizo de teleasistencia domiciliaria.

En cumprimento co disposto no artigo 154.1 do texto refundido da Lei de contratos do sector público aprobado polo Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, faise público para o coñecemento xeral a seguinte formalización de contrato do servizo de teleasistencia domiciliaria:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Concello de Ourense.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación.

c) Número de expediente: 2015021523, ref. 2374.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.ourense.gal.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: de servizos.

b) Descrición do obxecto: servizo de teleasistencia domiciliaria.

c) CPV: 85312000-5.

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: perfil do contratante, BOP e DOG.

e) Data de publicación do anuncio de licitación: 11 de marzo, 16 de marzo e 23 de marzo de 2016.

3. Trámite e procedemento de adxudicación:

a) Trámite: ordinario.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación: importe neto: 16,35 euros. IVE (4 %): 0,65 euros. Importe total: 17,00 euros por terminal/mes.

5. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 2 de febreiro de 2017.

b) Data de formalización: 2 de marzo de 2017.

c) Contratista: Cruz Vermella Española.

d) Importe de adxudicación: importe neto: 11,00 euros terminal/mes, estando a entidade exenta de IVE.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: ser a oferta máis vantaxosa e cumprir esta con todos os criterios dos pregos de condicións de conformidade co informe técnico, que serve como motivación.

Ourense, 6 de marzo de 2017

Jesús Vázquez Abad
Alcalde