Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Mércores, 29 de marzo de 2017 Páx. 15058

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 10 de marzo de 2017 pola que se fai público o cofinanciamento de obras nun 75 % por parte da Unión Europea, a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) Galicia 2014-2020.

missing image file

De conformidade coa normativa da Unión Europea reguladora dos fondos europeos, procédese a dar publicidade ao cofinanciamento europeo, para os efectos do cumprimento da obriga de información e publicidade establecida na regulación europea sobre os fondos e, en xeral, do disposto na demais normativa que resulte de aplicación na materia e ao abeiro do previsto na Lei 9/2010, do 4 de novembro, de augas de Galicia, e no Decreto 32/2012, do 12 de xaneiro, polo que se aproba o Estatuto da entidade pública Augas de Galicia, das seguintes actuacións:

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Augas de Galicia.

Dependencia que tramita o expediente: Contratación.

Tipo de contrato: obra.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: contrato menor.

Vantaxe da oferta seleccionada: a proposición economicamente máis vantaxosa por ser a de prezo máis baixo con base na aplicación do único criterio de valoración (prezo).

2. Obxecto do contrato.

a) Título: mellora das redes de abastecemento e saneamento en rúa do Tanque, Oímbra (Ourense).

Clave do expediente: M.16008.

CPV (referencia de nomenclatura): 45231300-8.

Orzamento base: importe neto: 49.950,61 euros. Importe total: 60.440,24 euros.

Prazo de execución: 2 meses.

Importe da oferta: importe neto: 44.795,71 euros. Importe total: 54.202,81 euros.

Empresa: Aopil, S.L.

b) Título: mellora e ampliación das infraestruturas de abastecemento en Palas de Rei. Palas de Rei (Lugo).

Clave do expediente: M.16009.

CPV (referencia de nomenclatura): 45232151-5.

Orzamento base: importe neto: 49.999,99 euros. Importe total: 60.499,99 euros.

Prazo de execución: 3 meses.

Importe da oferta: importe neto: 46.500,00 euros. Importe total: 56.265,00 euros.

Empresa: Oys Noroeste, S.L.

c) Título: mellora dos equipamentos de bombeo de captación no río Umia, Portas (Pontevedra)

Clave do expediente: M.16010.

CPV (referencia de nomenclatura): 45232150-8.

Orzamento base: importe neto: 49.568,21 euros. Importe total: 59.977,53 euros.

Prazo de execución: 2 meses.

Importe da oferta: importe neto: 38.860,00 euros. Importe total: 47.020,60 euros.

Empresa: Teswater Global, S.L.

d) Título: mellora da rede de abastecemento de auga á Aldea de Abaixo e A Igrexa-Covas, Meaño (Pontevedra).

Clave do expediente: M.16020.

CPV (referencia de nomenclatura): 45232150-8.

Orzamento base: importe neto: 23.184,77 euros. Importe total: 28.053,57 euros.

Prazo de execución: 1 mes.

Importe da oferta: importe neto: 17.648,25 euros. Importe total: 21.354,38 euros.

Empresa: Excavaciones y Construcciones Manuel Pérez Portela, S.L.

e) Título: rede de saneamento de Cernadas de Abaixo, Vilarmaior (A Coruña).

Clave do expediente: M.16022.

CPV (referencia de nomenclatura): 45232410-9.

Orzamento base: importe neto: 49.999,99 euros. Importe total: 60.499,99 euros.

Prazo de execución: 3 meses.

Importe da oferta: importe neto: 49.300,00 euros. Importe total: 59.653,00 euros.

Empresa: Construcciones Leonardo Miguélez, S.L.

f) Título: construción de depósito de auga en Freixido, Larouco (Ourense).

Clave do expediente: M.16023.

CPV (referencia de nomenclatura): 45232150-8.

Orzamento base: importe neto: 41.322,31 euros. Importe total: 50.000,00 euros.

Prazo de execución: 2 meses.

Importe da oferta: importe neto: 35.549,59 euros. Importe total: 43.015,00 euros.

Empresa: Construcciones Delfín Ferreiro Rodríguez, S.L.

g) Título: mellora da rede de abastecemento en San Roque, Portomarín (Lugo).

Clave do expediente: M.16029.

CPV (referencia de nomenclatura): 45232150-8.

Orzamento base: importe neto: 28.910,12 euros. Importe total: 34.981,25 euros.

Prazo de execución: 1 mes.

Importe da oferta: importe neto: 21.462,00 euros. Importe total: 25.969,02 euros.

Empresa: Construcciones Leonardo Miguélez, S.L.

3. Cofinanciamento da Unión Europea.

As actuacións referidas no punto 2 cofinanciaraas a Unión Europea a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), nun 75 % do gasto elixible, no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) Galicia 2014-2020. O 25 % restante do gasto elixible cofinanciarao Augas de Galicia nun 17,50 % e o Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente nun 7,50 %.

As actuacións enmárcanse dentro do Programa de desenvolvemento rural, na medida 07: servizos básicos e renovación de poboacións en zonas rurais, submedida 7.2: apoio aos investimentos na creación, mellora ou ampliación de todo tipo de pequenas infraestruturas, incluídos os investimentos en enerxías renovables e aforro de enerxía; prioridade 6 de desenvolvemento rural: fomentar a inclusión social, a redución da pobreza e o desenvolvemento económico nas zonas rurais. Europa inviste no rural.

Santiago de Compostela, 10 de marzo de 2017

A presidenta de Augas de Galicia
P.D. (Resolución do 30.1.2012; DOG núm. 21, do 31 de xaneiro)
Roberto Rodríguez Martínez
Director de Augas de Galicia