Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Mércores, 29 de marzo de 2017 Páx. 15082

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Xurado de Expropiación de Galicia

CÉDULA do 6 de marzo de 2017 pola que se notifica o Acordo do 24 de novembro de 2016 que fixa o prezo xusto do predio número 1290 Co, sito en Sada, relativo ao proxecto 01408, expediente 2016/000374.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas e dado que non foi posible efectuar a notificación,

DISPOÑO:

1. Notificar mediante esta cédula a Dolores Gutiérrez Tenreiro o Acordo do 24 de novembro de 2016 que fixa o prezo xusto do predio número 1290 Co, sito en Sada, relativo ao proxecto 01408, expediente 2016/000374, cuxos datos se relacionan no anexo.

2. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, a persoa interesada poderá interpoñer o recurso potestativo de reposición, ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE), de acordo co previsto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015. A persoa interesada, poderá tamén interpoñer directamente o recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación no TEU do BOE, de conformidade cos artigos 10.1.i), 14.1 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. A interposición do recurso potestativo de reposición impide a interposición simultánea do recurso contencioso-administrativo, que non poderá interpoñerse ata que sexa resolto o recurso de reposición ou se entenda presuntamente desestimado. O texto íntegro do acordo referido nesta cédula está á disposición do interesado nas dependencias do Xurado de Expropiación de Galicia, con enderezo no Edificio Administrativo de San Lázaro, s/n, de Santiago de Compostela, 15703.

3. A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no TEU do BOE.

4. En consecuencia, para que conste e lles sirva de notificación ás persoas expropiadas, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 6 de marzo de 2017

Patricia Ulloa Alonso
Presidenta do Xurado de Expropiación de Galicia

ANEXO

Proxecto para o cal se expropia: 01408 -Modificado nº 1 Treito 2 Vía Ártabra (Vg-1.3). Enlace Meiras-Veigue (Ac-526). Clave: Ac/04/156.01.2-m1.

Nº de expediente: 2016/000374.

Persoa que se vai a notificar: Dolores Gutiérrez Tenreiro.

Expropiante: CPTOPT. Servizo Provincial de Estradas da Coruña.

Expropiada: Dolores Gutiérrez Tenreiro.

Beneficiaria: CPTOPT. Servizo Provincial de Estradas da Coruña.

Predio nº: 1290 Co.

Concello: Sada.

Provincia: A Coruña.

Valoración da resolución do Xurado: 402,05 €.