A Dirección Xeral de Mobilidade, mediante a Resolución do 7 de marzo de 2017, aprobou o cambio de titularidade, por transformación societaria, dos contratos de xestión de servizo público de transporte regular de viaxeiros de uso xeral V-0448; XG-026, Cambados-Pontevedra, con anexos e V-2289; XG-210, A Bandeira-Pontevedra, con anexos, de Empresa Cuíña, S.L, e V-0640; XG-042, Vila de Cruces-Bermés-Lalín, con anexos, e V-1110; XG-063, Hortas-Santiago de Compostela, con anexos, de Transportes Mosquera, S.L., a favor da sociedade Autocares Rías Baixas, S.L. O novo contratista dos servizos públicos queda subrogado nos dereitos e obrigas dos catro contratos.
Santiago de Compostela, 8 de marzo de 2017
Helena de Lucas de Santos
Directora xeral de Mobilidade