No perfil do contratante publícanse íntegros os pregos de condicións do procedemento aberto para a contratación da subministración de areas para o seu uso polas brigadas da Deputación durante o ano 2017 na zona oeste da provincia, cun gasto autorizado de 87.000,00 € (IVE e demais tributos incluídos). As proposicións presentaranse ata as 14.00 horas do décimo quinto (15) día natural contado desde o seguinte ao da publicación do anuncio de licitación no DOG, a través da plataforma www.leal.gal, única e exclusivamente. A apertura de proposicións terá lugar de conformidade co disposto na cláusula XIII do prego de condicións. A documentación necesaria e demais datos figuran no prego de condicións ao cal poderá accederse gratuitamente a través do perfil do contratante na web da deputación www.depourense.es, ou na plataforma www.leal.gal. As solicitudes de información poderán formularse telefonicamente 988 31 75 40 perante o Servizo de Contratación.
Sen prexuízo de calquera outro recurso que se considere procedente, o prego de condicións, os anuncios de licitación e os demais documentos contractuais que establezan as condicións que teñan de rexer a licitación, serán susceptibles de recurso potestativo de reposición ante a Presidencia da deputación no prazo dun mes e alternativamente de recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense no prazo de dous meses, contados ambos os prazos desde o día seguinte o da publicación dos anuncios de licitación ou, de ser o caso, da última publicación (se non son simultáneos).
Ourense, 17 de marzo de 2017
José Manuel Baltar Blanco
Presidente da Deputación Provincial de Ourense