Vista a proposta do secretario xeral de Cultura, e de conformidade co establecido no artigo 38 do Decreto 41/2001, do 1 de febreiro, de refundición da normativa en materia de bibliotecas,
RESOLVO:
Primeiro. Integrar na Rede de Bibliotecas de Galicia a biblioteca pública municipal Florencio Delgado Gurriarán, do Barco de Valdeorras.
Segundo. A resolución favorable de integración estará condicionada á sinatura dun convenio en que se recolla a obriga do centro bibliotecario de prestar un servizo público que deberá axustarse ao estipulado no Decreto 41/2001, do 1 de febreiro, e que poderá responder nos restantes termos ás especiais características de cada tipo de centros.
Terceiro. O prazo de sinatura deste convenio non deberá ser superior aos tres meses. De non cumprirse este prazo, deixarase sen efecto a posible resolución favorable e suporá o arquivamento definitivo da solicitude.
Cuarto. O posterior incumprimento do devandito convenio poderá ser motivo de exclusión temporal ou definitiva do centro bibliotecario de que se trate da Rede de Bibliotecas de Galicia.
Santiago de Compostela, 9 de marzo de 2017
Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria