1. Entidade adxudicadora:
a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.
b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.
2. Obxecto do contrato:
a) Tipo: servizo.
b) Descrición do obxecto: o obxecto desta contratación é o servizo de desenvolvemento de ferramentas para a tramitación electrónica integral da Xunta de Galicia.
c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es.
d) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOG, DOUE e BOE.
e) Data de publicación do anuncio de licitación:
DOG: 23.9.2016.
DOUE: 24.9.2016.
BOE: 4.10.2016.
3. Tramitación e procedemento:
a) Procedemento: aberto, harmonizado.
b) Tramitación: ordinaria, documentalmente simplificada.
4. Valor estimado do contrato: o valor estimado é de 3.982.176,00 €.
5. Orzamento base de licitación:
O orzamento máximo autorizado é de 2.212.320,00 €, máis 464.587,20 € que corresponden ao IVE (21 %), o que supón un total de 2.676.907,20 €.
6. Formalización do contrato:
a) Data de adxudicación: 30.1.2017.
b) Data de formalización do contrato: 17.3.2017.
c) Contratista: Everis Spain, S.L.U.-Altia Consultores, S.A., Unión Temporal de Empresas Ley 18/1982 1 (UTE Everis-Altia 1).
d) Importe de adxudicación: 2.422.601,02 € (IVE incluído).
Santiago de Compostela, 20 de marzo de 2017
Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia