Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Venres, 31 de marzo de 2017 Páx. 15690

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ACORDO do 21 de febreiro de 2017, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Muros (expediente IN407A 2015/287-1).

Expediente: IN407A 2015/287-1.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación: modificado 1 ao proxecto recuamento LMT CTC Louro II.

Concello: Muros.

Características técnicas:

Liña eléctrica subterránea a 20 kV, cunha lonxitude de 0,120 km, coa orixe en empalmes proxectados na LMTS MUO-804, no tramo entre o CT Fontecomido (expediente 190/2002) e o CT Rúa San Francisco, nº 28 (expediente 184/2013), en condutor RHZ1-2OL 12/20 kV 1×240 mm2 Al e final no novo CT Louro II, proxectado.

Novo centro de transformación prefabricado (novo CT Louro II), cunha potencia de 400 KVA e unha relación de transformación de 20.000/400-230 V.

Reforma do antigo CT Louro II (15XK24), en caseta de obra civil, proxectándose o desmantelamento de toda a aparellaxe ao aire instalándose no seu lugar unhas celas modulares de liña, todas elas con illamento SF6.

Lexislación de aplicación:

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro de 2013).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 1 de decembro do 2000).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar alegacións na Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, 2-2ª planta, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir do día seguinte ao da última publicación desta resolución.

A Coruña, 21 de febreiro de 2017

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña