De acordo co disposto no artigo 7 da Resolución do 23 de outubro de 2008 (DOG do 13 de novembro), pola que se dispón a publicación do Regulamento interno de organización e funcionamento do Consello Galego de Relacións Laborais, as organizacións sindicais e empresariais designarán aos seus membros representativos, que serán nomeados pola persoa titular da consellería competente en materia de traballo.
Facendo uso da posibilidade de substitución, que recolle o artigo 8 da dita resolución, a Confederación de Empresarios acordou a substitución de dous dos seus membros suplentes da súa representación no Consello.
Por todo o exposto, ao abeiro do artigo 7 da referida Resolución do 23 de outubro de 2008, e en uso das atribucións que teño conferidas,
DISPOÑO:
Artigo 1. Nomear membros suplentes do Pleno do Consello Galego de Relacións Laborais, en representación da Confederación de Empresarios de Galicia, a José Manuel Maceira Blanco e Marta Amate López, en substitución de Fausto Santamarina Fernández e Rafael Serrano Hernández, respectivamente.
Santiago de Compostela, 14 de marzo de 2017.
Francisco José Conde López
Conselleiro de Economía, Emprego e Industria