Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Venres, 31 de marzo de 2017 Páx. 15749

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Galaria, Empresa Pública de Servizos Sanitarios, S.A.

RESOLUCIÓN do 27 de marzo de 2017 pola que se anuncia a licitación para a contratación da subministración da actualización e modernización dun sistema de radiocirurxía existente na Unidade de Radioterapia (expediente AB-GLR1-17-001).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Galaria, Empresa Pública de Servizos Sanitarios, S.A.

b) Dependencia que tramita o expediente: Unidade de Contratación.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Galaria, Empresa Pública de Servizos Sanitarios, S.A.

2º. Domicilio: Edificio Administrativo Sergas, San Lázaro, s/n, 3º andar.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15703.

4º. Teléfono: 981 57 76 50.

5º. Telefax: 981 57 78 43.

6º. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es.

7º. Data límite de obtención de documentación e información: antes das 14.00 horas do día 6 de maio de 2017.

d) Número de expediente: AB-GLR1-17-001.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: subministración.

b) Descrición: contratación da subministración da actualización e modernización dun sistema de radiocirurxía existente na Unidade de Radioterapia de Galaria, Empresa Pública de Servizos Sanitarios.

c) División por lotes/partidas e número: non.

d) Prazo de execución/entrega: 90 días máximo.

e) CPV (referencia de nomenclatura): 33151200-5.

3. Tramitación y procedimiento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Contratación suxeita a regulación harmonizada.

Criterios de adxudicación:

Concepto

Puntuación

Criterios non valorables de forma automática (sobre B)

0-50

Composición e características técnicas

0-50

Criterios valorables de forma automática (sobre C)

0-50

Oferta económica

0-40

Garantía e proposta de custo económico de mantemento integral

0-6

Tempo de resposta do servizo técnico

0-2

Formación

0-1

Período de existencia de repostos

0-1

Ver o prego de condicións xurídicas.

4. Valor estimado do contrato: 569.250 €.

5. Orzamento base de licitación:

a) Orzamento sen IVE: 569.250 €.

b) Orzamento con IVE: 688.792,50 €.

6. Garantías exixidas:

a) Garantía provisional: non se exixe.

b) Garantía definitiva: 5 % do importe de adxudicación (excluído o IVE).

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Solvencia económica e financeira: ver o prego de condicións xurídicas.

b) Solvencia técnica: ver o prego de condicións xurídicas.

8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: antes das 14.00 horas do día 6 de maio de 2017.

No caso de que o último día de presentación de solicitudes coincida en sábado, domingo ou festivo, o prazo de presentación prorrogarase ao primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación que deben presentar: ver o prego de condicións xurídicas.

c) Lugar de presentación: Rexistro de Galaria, Empresa Pública de Servizos Sanitarios, S.A.:

Edificio Administrativo Sergas, 3º andar, San Lázaro, s/n, 15703 Santiago de Compostela.

d) Admisión de variantes: non se admiten.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: segundo o recollido no artigo 161 do TRLCSP.

f) Outras informacións: toda información relativa ao expediente farase pública na páxina web que se cita neste anuncio.

9. Apertura de ofertas:

a) Enderezo: Edificio Administrativo Sergas, San Lázaro, s/n.

b) A apertura do sobre B terá lugar no Edificio Administrativo San Lázaro, no lugar e na hora que se sinalen no perfil do contratante, no décimo primeiro día natural contado desde o día seguinte ao de finalización da presentación das ofertas. No caso de que o día sinalado coincida en sábado, domingo ou festivo, realizarase o seguinte día hábil. A apertura do sobre C publicarase no perfil do contratante.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15703.

10. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario, ver os pregos de condicións xurídicas.

11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 27 de marzo de 2017.

Santiago de Compostela, 27 de marzo de 2017

María Luisa Brandt Sanz
Directora xerente de Galaria, Empresa Pública de Servizos Sanitarios, S.A.