Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Venres, 31 de marzo de 2017 Páx. 15654

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Ourense

EDICTO (603/2014).

Eu, María Regina Domínguez Cougil, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Ourense, polo presente edicto anuncio que no procedemento seguido por instancia de FGA Capital Spain Establecimiento Financiero de Crédito, S.A. fronte a Kenneth Eduardo Conde Moreno e Helen Carolina Ramírez Orsatty ditouse sentenza, cuxo encabezado e resolución son do tenor literal seguinte:

«Sentenza.

Ourense, 19 de setembro de 2016

Vistos por María del Pilar Domínguez Comesaña, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Ourense, os presentes autos de xuízo ordinario rexistrados con número 603/2014, seguidos por iniciativa de FGA Capital Spain Establecimiento Financiero de Crédito, S.A., quen actúa representada polo procurador Ramón Montero Rodríguez asistido da letrada Mirian Antelo Dorrego, fronte a Kenneth Eduardo Conde Moreno e Helen Carolina Ramírez Orsatty, en situación de rebeldía procesual. Versan os presentes autos sobre reclamación de cantidade.

Decido que, estimando a demanda interposta polo procurador Ramón Montero Rodríguez en representación de FGA Capital Spain Establecimiento Financiero de Crédito, S.A., fronte a Kenneth Eduardo Conde Moreno e Helen Carolina Ramírez Orsatty, condénanse os devanditos demandados a aboar á demandante a cantidade de 8.704,79 euros en concepto de principal e, en concepto de indemnización por demora, o interese legal do diñeiro calculado desde a data da demanda ata a data da sentenza a partir da cal o tipo de xuro será o previsto no artigo 576 da LAC.

As custas impóñense á demandada.

Notifíquese a presente resolución ás partes e advírtase que esta non é firme. Contra a sentenza pode interpoñerse recurso de apelación dentro dos vinte días seguintes á súa notificación na forma indicada no artigo 458 da LAC. Indíquese á demandada que non se admitirá a trámite o recurso se ao interpoñelo non acredita documentalmente ter constituído o depósito que para recorrer exixe a LOPX.

Así por esta sentenza, pronúncioa, mándoa e asínoa».

E encontrándose os devanditos demandados, Kenneth Eduardo Conde Moreno e Helen Carolina Ramírez Orsatty, en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto co fin de que sirva de notificación en forma a estes.

Ourense, 19 de setembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza