Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Martes, 4 de abril de 2017 Páx. 16021

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ANUNCIO do 29 de marzo de 2017, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, polo que se comunica a publicación das puntuacións provisionais e a relación de excluídos provisionais do corpo de profesores de ensino secundario, especialidades 590002-Grego, 590003-Latín, 590124-Sistemas electrónicos e 590125-Sistemas electrotécnicos e automáticos e no corpo de profesores técnicos de formación profesional nas especialidades 591206-Instalacións electrotécnicas, 591210-Máquinas servizos e produción, 591212-Oficina e proxectos de construción e 591218-Perrucaría (Diario Oficial de Galicia do 23 de febreiro).

Unha vez finalizado o prazo para presentar a solicitude e realizada a baremación dos méritos no corpo de profesores de ensino secundario, especialidades 590002-Grego, 590003-Latín, 590124-Sistemas electrónicos e 590125-Sistemas electrotécnicos e automáticos e no corpo de profesores técnicos de formación profesional nas especialidades 591206-Instalacións electrotécnicas, 591210-Máquinas servizos e produción, 591212-Oficina e proxectos de construción e 591218-Perrucaría, publícanse as puntuacións provisionais e a relación de excluídos provisionais na páxina web desta consellería.

En consecuencia, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro. Facer públicas na páxina web desta consellería (http://www.edu.xunta.es) as puntuacións provisionais e a relación de excluídos provisionais do baremo para prazas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de profesores de ensino secundario, especialidades 590002-Grego, 590003-Latín, 590124-Sistemas electrónicos e 590125-Sistemas electrotécnicos e automáticos e no corpo de profesores técnicos de formación profesional nas especialidades 591206-Instalacións electrotécnicas, 591210-Máquinas servizos e produción, 591212-Oficina e proxectos de construción e 591218-Perrucaría.

Segundo. Contra estas puntuacións provisionais e a relación de excluídos provisionais poderase interpor reclamación no prazo de dez días naturais, a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, ante o director xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Santiago de Compostela, 29 de marzo de 2017

José Manuel Pinal Rodríguez
Director xeral de Centros e Recursos Humanos