Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Xoves, 6 de abril de 2017 Páx. 16461

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Reforzo da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza (PO 821/2014).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 821/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Isabel Ferraces Lago contra Fondo de Garantía Salarial, Gecreri, S.L., sobre ordinario, ditouse a seguinte resolución, cuxo encabezamento e fallo é do tenor literal seguinte:

Sentenza: 112/2017

A Coruña, 3 de marzo de 2017

Resolución.

Estimo a demanda formulada por Isabel Ferraces Lago fronte á empresa Greceri, S.L., e, en consecuencia, condeno a esta a aboar á primeira a suma de 4.910,60 euros, así como os xuros de mora do artigo 29.3 do ET.

Inscríbase a presente resolución no libro de sentenzas deixando testemuño desta no presente procedemento.

Notifíquese esta sentenza ás partes advertíndolles que contra ela se poderá interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e se procederá ao seu arquivamento.

Así o pronuncio, mando e asino.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada polo maxistrado xuíz que a subscribe no día da súa data, do que eu, a secretaria xudicial, dou fe.

Para que sirva de notificación en legal forma a Gecreri, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese a destinataria de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 3 de marzo de 2017

A letrada da Administración de xustiza