Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Xoves, 6 de abril de 2017 Páx. 16457

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (988/2015).

María Jesús Hernando Arenas, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 988/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Rolando Doval Sánchez contra o Fondo de Garantía Salarial e Transportes Logísticos Pocomaco, S.R.L., sobre ordinario, se ditou sentenza cuxa resolución di:

Que debo aceptar e acepto parcialmente a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Rolando Doval Sánchez, contra a entidade Transportes Logísticos Pocomaco, S.L. e, en consecuencia, debo condenar e condeno a entidade Transportes Logísticos Pocomaco, S.L. a que lle aboe ao demandante a cantidade de 2.642,62 € brutos por salarios xerados entre decembro de 2014 e marzo de 2015, a compensación económica por non desfrute de vacacións e 1.217,76 € brutos por axudas durante o mesmo período, incrementadas no xuro do 10 % por mora aplicable aos conceptos salariais. Coa intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes, facéndolles saber o seu dereito a interpor contra ela recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación. Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo. Asinado pola maxistrada xuíza deste xulgado, Pilar Carreira Vidal.

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Transportes Logísticos Pocomaco, S.R.L., en paradoiro ignorado, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 17 de marzo de 2017

A letrada da Administración de xustiza