Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Venres, 7 de abril de 2017 Páx. 16776

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 31 de marzo de 2017, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se aproban e se fan públicas as listas definitivas de persoas admitidas e excluídas do proceso selectivo para o ingreso no corpo de axudantes de carácter facultativo da administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, escala de axentes do Servizo de Gardacostas de Galicia.

En virtude da Resolución do 22 de febreiro de 2017, da Dirección Xeral da Función Pública, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 44, do 3 de marzo, aprobáronse as listas provisionais de persoas admitidas e excluídas do proceso selectivo para o ingreso no corpo de axudantes de carácter facultativo da administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, escala de axentes do Servizo de Gardacostas de Galicia.

Unha vez transcorrido o prazo regulamentario para a presentación de reclamacións sobre as ditas relacións de persoas admitidas e excluídas, de conformidade co artigo 12 do Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, e coa base I.4.2 das que rexen o proceso selectivo convocado pola Orde do 2 de decembro de 2016, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 246, do 27 de decembro, esta dirección xeral,

RESOLVE:

Aprobar as listas definitivas de persoas admitidas e excluídas do proceso selectivo para o ingreso no corpo de axudantes de carácter facultativo da administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, escala de axentes do Servizo de Gardacostas de Galicia.

A lista definitiva de persoas aspirantes admitidas poderase consultar no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal.

A lista de persoas aspirantes excluídas, con indicación da causa determinante da súa exclusión, figura como anexo a esta resolución.

A Administración devolverá de oficio o importe ingresado en concepto de dereitos de exame a aquelas persoas aspirantes definitivamente excluídas que, de acordo coa base I.3, realizaron o pagamento con certificado dixital ou DNI electrónico ou ben fixeron constar na súa solicitude o número de conta para estes efectos. Para a devolución do importe ingresado por aquelas outras persoas aspirantes que non fixeron constar eses datos e figuren nesta resolución como excluídas, será necesaria a presentación dun escrito no cal a persoa interesada faga constar o número de conta (24 díxitos), a entidade bancaria e a localidade desta ou dun certificado expedido pola entidade en que figuren eses datos. Esta documentación deberá ser presentada no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

De conformidade co disposto na base I.3, non procederá a devolución do importe aboado en concepto de dereitos de exame nos supostos de renuncia a participar no proceso das persoas solicitantes admitidas provisional ou definitivamente.

Contra esta resolución poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Facenda, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, ou poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados desde a mesma data, de conformidade co disposto no artigo 8.2 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, en relación co artigo 10.1 do mesmo texto legal.

Santiago de Compostela, 31 de marzo de 2017

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

Anexo
Relación de persoas aspirantes excluídas

Acceso libre

Apelidos e nome

NIF

Quenda

Motivo da exclusión

Álvarez Jiménez, José Ramón

36152882X

Libre

17, 20, 58

Bacelar Valladares, Emilio José

53119909Y

Libre

17, 20, 58

Bouzada Agis, Juan Ramón

76827566E

Libre

17, 20, 58

Cabanlas Rodríguez, Miguel Ángel

76726906X

Libre

17, 20, 58

Carrasco Gallego, Jaime

35466789F

Libre

22

Cebral Pinedo, David

36162112V

Libre

17, 22, 58

Colino tomé, Andrés

48476997N

Libre

17, 20, 58

Collado Rondón, Jesús Omar

X4264809B

Libre

18

Comesaña Martínez, Brais

53189749H

Libre

17, 20, 58

Conles López, Óscar

35474208C

Libre

18

De Miguel Abuín, Antonio Francisco

32436577E

Libre

26

Dosil Vieites, Eva María

76776643K

Libre

13, 14

Fernández Leira, Ana Isabel

32446210H

Libre

17, 58

Fernández López, Boris

34880309G

Libre

17, 58

Ferreira Castedo, Francisco Javier

53173582C

Libre

17, 20, 58

Figueira Moares, Ignacio

53795588Z

Libre

17, 58

Figueroa Piñeiro, Samuel

78738764N

Libre

18

Fontecha Álvaro, Miguel

16585053Y

Libre

17, 20, 58

Freire Muíño, Julio

32663010C

Libre

16, 20

García Bugarín, Pedro

45870849V

Libre

17, 58

García Cortizo, Manuel

36049821N

Libre

17, 58

González Rodríguez, Ángel

53610516T

Libre

17, 58

González Villar, Alberto

45847937J

Libre

17, 20, 58

Lorenzo Curbera, Alejandro

07493527N

Libre

17, 20, 58

Louriño Cabana, Bruno Antonio

46914705H

Libre

17, 58

Mayán Lago, Roberto

78797369J

Libre

17, 20, 58

Méndez Salgado, Antonio

33992959V

Libre

17, 20, 58

Montero Sánchez, Ana Gabriela

47386900T

Libre

18, 58

Moreira Area, Salvador

52492341Q

Libre

16

Navarro Lagares, Andrés

34888137N

Libre

17, 20, 58

Pardo Crespo, José Julián

33333584Y

Libre

22

Pena Posse, Pablo

53168630J

Libre

13

Rivas Necega, Juan José

76565452Q

Libre

17, 20, 58

Rodal Lorenzo, Mauro

53860183W

Libre

17, 58

Rodríguez Figueira, Daniel Antonio

44084118H

Libre

17, 20, 58

Vázquez Rodríguez, Déborah

47373099E

Libre

18

Vilanova Aragunde, Rubén

35478378G

Libre

43

Código

Descrición

13

Documento xustificativo exención taxas fóra de prazo

14

Documento xustificativo exención taxas non válido

16

Documento xustificativo exención taxas non presentado

17

Doc. xustif. demandante emprego seis (6) meses antes convocatoria non presentado

18

Doc. xustif. demandante emprego seis (6) meses antes convoc. non válido

20

Taxas non aboadas

22

Taxas aboadas fóra de prazo

26

Doc. xustif. exención taxas con cotexo non válido

43

Desestimento da solicitude

58

Doc. xustif. de non percibir prest. ou subs. por desemprego non presentado