Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Venres, 7 de abril de 2017 Páx. 16789

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 31 de marzo de 2017, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que publica a orde de prelación e a puntuación definitiva obtidas polas persoas aspirantes admitidas no proceso de inscrición para a formalización de nomeamentos temporais en postos de traballo de persoal funcionario sanitario da escala de saúde pública e Administración sanitaria (Lei 17/1989, do 23 de outubro).

Por Resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde do 18 de outubro de 2016 (Diario Oficial de Galicia núm. 205, do 27 de outubro), abriuse o prazo para a inscrición de aspirantes nas listas para a formalización de nomeamentos temporais en postos de traballo do persoal funcionario sanitario da escala de saúde pública e Administración sanitaria (Lei 17/1989, do 23 de outubro).

Na devandita resolución prevese unha xeración de listas coas persoas inscritas ata o 30 de novembro de 2016 que cumpran os requisitos determinados na anterior resolución.

Por Resolución do 16 de febreiro de 2017 (Diario Oficial de Galicia núm. 42, do 1 de marzo) publicouse a relación provisional de admitidos/as e excluídos/as así como os resultados provisionais de baremación dos/das aspirantes admitidos/as.

Finalizado o prazo de reclamación contra a citada resolución e analizadas estas, este centro directivo, de conformidade coa base sétima da resolución de inicio do prazo de inscrición (Diario Oficial de Galicia núm. 205, do 27 de outubro de 2016),

RESOLVE:

Primeiro. Aprobar a orde de prelación e a puntuación definitiva obtidas polas persoas aspirantes admitidas no proceso de inscrición para a formalización de nomeamentos temporais nos postos de traballo do persoal funcionario sanitario da escala de saúde pública e Administración sanitaria (Lei 17/1989, do 23 de outubro) nos colectivos profesionais que se indican a seguir:

1. Clase de inspector/a médico/a.

2. Clase de inspector/a farmacéutico/a.

3. Clase de farmacéutico/a inspector/a de saúde pública.

4. Lista xeral de licenciado/a sanitario/a: licenciado/a en Medicina e Cirurxía, licenciado/a en Farmacia, licenciado/a en Ciencias Químicas, licenciado/a en Ciencias Biolóxicas, licenciado/a en Psicoloxía.

5. Clase de subinspector/a sanitario/a.

6. Clase de ATS/DUE.

Segundo. As listas co número de orde e a puntuación definitiva obtida polas persoas aspirantes admitidas atópanse publicadas, á disposición das persoas interesadas, na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).

Ademais, o estado de cada solicitude pode ser consultado polo/a aspirante no seu expediente electrónico persoal en Fides/expedient-e/sección de procesos.

Terceiro. De conformidade coa base sétima da Resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde do 18 de outubro de 2016, contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte á súa publicación, de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Potestativamente, e con carácter previo, poderase interpoñer recurso de reposición ante este mesmo órgano, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte á súa publicación.

Cuarto. As listas entrarán en vigor para os efectos de chamamentos o día 11 de abril de 2017.

Santiago de Compostela, 31 de marzo de 2017

Margarita Prado Vaamonde
Directora xeral de Recursos Humanos