De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselles ás persoas que se relacionan no anexo a resolución de cancelación da súa inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia, por non ser posible a súa notificación por correo certificado. A eficacia desta resolución queda supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.
Os expedientes relacionados atópanse á disposición dos interesados para que, de ser o caso, poidan consultalos na Xefatura Territorial da Coruña, sita na rúa Vicente Ferrer, 2, 15008 A Coruña.
Contra esta resolución, que no esgota a vía administrativa, cabe formular recurso de alzada ante o director xeral de Xustiza no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta notificación. Logo de transcorrer o prazo de interposición do recurso sen que este se presente, a resolución será firme para todos os efectos regulamentarios.
A Coruña, 16 de marzo de 2017
María Barreiro Lázare
Xefa territorial da Coruña
ANEXO
|
Expediente |
Nome e apelidos |
NIF/NIE/Pasaporte |
|
AC-2012/00054 |
Mártir Ignacio Ortega Sosa |
54156108D |
|
AC-2013/00551 |
Angélica María Londoño Osorio |
X9939295Y |
|
AC-2016/00060 |
Francisco Javier Poza Castro Nubia Martins Miranda |
77403916S Y1550556W |


