Raimundo Díaz Valcarce, letrado da Administración de xustiza, do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Mondoñedo, polo presente anuncio:
No presente procedemento de divorcio contencioso 224/2016 seguido por instancia de Ana Vanessa Santos Folgosa fronte a Raúl González González ditouse sentenza, cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:
Sentenza número 15.
En Mondoñedo o 15 de febreiro de 2017.
Vistos por Ana Mª Bande Ramudo, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Mondoñedo, os presentes autos de xuízo de divorcio contencioso seguidos ante este xulgado baixo o número 224 do ano 2016 por instancia de Ana Vanessa Santos Folgosa, representada polo procurador Díaz Lamparte e asistida polo letrado González-Seco Iglesias, contra Raúl González González, declarado en situación de rebeldía procesual, con intervención do Ministerio Fiscal.
Estimo a demanda interposta por Ana Vanessa Santos Folgosa contra Raúl González González e decreto a disolución por divorcio do matrimonio que contraeron ambos os litigantes o día 25 de outubro de 2014. Acordo o cesamento da obriga de convivencia conxugal, así como da posibilidade de vincular os bens privativos do outro cónxuxe no exercicio da potestade doméstica, e quedan revogados os poderes que calquera dos cónxuxes tivese outorgado a favor do outro, e a disolución da sociedade de gananciais existente, todo iso sen imposición de custas, e acordo as seguintes medidas da situación que se constitúe:
– Atribuír a garda e custodia de Diego González Santos a Ana Vanessa Santos Folgosa, sen prexuízo do exercicio conxunto por ambos os proxenitores da patria potestade.
– Raúl González González terá dereito a ter consigo o seu fillo Diego a primeira e terceira fin de semana de cada mes, desde as 12.00 horas do sábado ás 20.00 horas do domingo.
As vacacións de Nadal dividiranse en dous períodos, o primeiro desde as 20.00 horas do día 23 de decembro ata as 20.00 horas do día 30 de decembro, e o segundo desde as 20.00 horas do día 30 de decembro ata as 20.00 horas do día 7 de xaneiro. Nos anos pares a nai pasará o primeiro período de vacacións con Diego e nos anos impares, o segundo.
As vacacións de Semana Santa dividiranse en dous períodos, o primeiro desde as 20.00 horas do Domingo de Ramos ata as 20.00 horas do Mércores Santo, e o segundo desde as 20.00 horas do Mércores Santo ata as 20.00 horas do Domingo de Resurrección. Nos anos pares a nai pasará o primeiro período de vacacións con Diego e nos anos impares, o segundo.
As vacacións de verán dividiranse en dous períodos, o primeiro desde o día seguinte ao de finalización do curso escolar ata o 31 de xullo, e o segundo desde o 1 de agosto ata o día 10 de setembro. Nos anos pares a nai pasará o primeiro período de vacacións con Diego, e nos anos impares o segundo.
En todos estes casos, fins de semana e vacacións, o pai recollerá o fillo no domicilio materno, e reintegrarao a este ao finalizar cada período.
O pai poderá comunicarse telefonicamente co seu fillo en calquera momento, respectando sempre o horario escolar e o descanso deste.
– Raúl González González deberá pagar a favor do seu fillo Diego a suma de 120 euros en concepto de alimentos, dentro dos cinco primeiros días de cada mes, mediante ingreso na conta bancaria que designe a nai.
A devandita suma actualizarase anualmente de acordo coa variación do índice de prezos de consumo (ou índice que o substitúa), referente ao ano inmediatamente anterior á actualización, desde o día un de cada ano.
– Os gastos extraordinarios que xurdan en relación co fillo común serán asumidos por ambos os proxenitores por metade.
Unha vez que sexa firme esta resolución, comuníquese ao encargado do Rexistro Civil de Ribadeo, onde consta o matrimonio de Raúl González González e Ana Vanessa Santos Folgosa, para a súa anotación á marxe da inscrición correspondente.
Notifíquese esta sentenza ás partes, facéndolles saber que contra ela cabe recurso de apelación que, se é o caso, deberá de interpoñerse ante este mesmo xulgado, dentro dos cinco días seguintes a aquel en que se notifique esta resolución. Para a súa interposición será necesario previamente constituír un depósito de 50 euros na conta de consignacións deste xulgado, condicionando a súa admisión a esta consignación.
Lévese o orixinal ao libro de sentenzas.
Por esta a miña sentenza, da que se expedirá testemuño para incorporalo ás actuacións, pronúncioo, mándoo e asínoo.
E encontrándose o devandito demandado, Raúl González González, en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que sirva de notificación en forma a este.
Mondoñedo, 17 de marzo de 2017
O letrado da Administración de xustiza


