Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Luns, 10 de abril de 2017 Páx. 17162

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

ANUNCIO do 24 de marzo de 2017, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade, pola que se notifica a resolución ditada no recurso de alzada interposto no procedemento sancionador PSC/2015/23, por infracción en materia sanitaria.

Con data 21 de febreiro de 2017 o conselleiro de Sanidade emitiu unha resolución, no recurso administrativo interposto no expediente sancionador PSC/2015/23, pola que se impón á persoa relacionada no anexo unha sanción pecuniaria.

A devandita resolución foi devolta polo servizo de Correos por estar ausente ou resultar descoñecida a persoa destinataria; e tentada a notificación mediante a entrega directa por un empregado público, esta resultou infrutuosa.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 29/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle á persoa que se relaciona no anexo a resolución ditada.

Segundo establece o artigo 46 da citada lei, os interesados dispoñen dun prazo de dez (10) días, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, para examinar a resolución no Servizo de Xestión de Expedientes Sancionadores da Subdirección Xeral de Inspección, Auditoría y Acreditación de Servizos Sanitarios, situado no segundo andar do Edificio Administrativo San Lázaro, en Santiago de Compostela.

Contra a resolución obxecto desta notificación, que pon fin á vía administrativa, o interesado poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de que con carácter previo e potestativo poida presentar recurso de reposición ante o conselleiro de Sanidade no prazo dun mes contado desde o día seguinte a aquel en que se teña producida a notificación, segundo o previsto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Para que conste e lle sirva de notificación á interesada, asino e selo este anuncio.

Santiago de Compostela, 24 de marzo de 2017

Alberto Fuentes Losada
Secretario xeral técnico da Consellería de Sanidade

ANEXO

Número do expediente: PSC/2015/23.

Interesada: Carolina Caridad Padilla.

NIF: 32735308E.

Última enderezo coñecido: praza de Galicia, 7-1º D, Narón (A Coruña).