Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Luns, 10 de abril de 2017 Páx. 17077

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 31 de marzo de 2017, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se declaran, con carácter provisional, os aspirantes admitidos e excluídos, así como os exentos e non exentos do exercicio de lingua galega, no concurso-oposición para o ingreso na categoría de técnico/a superior en prevención de riscos laborais convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2016.

Mediante Resolución do 22 de decembro de 2016 desta dirección xeral (Diario Oficial de Galicia número 6, do 10 de xaneiro de 2017) convocouse concurso-oposición para o ingreso na categoría de técnico/a superior en prevención de riscos laborais.

Finalizado o prazo de presentación de solicitudes, de conformidade coa base sexta da resolución de convocatoria, este centro directivo, como órgano convocante do proceso,

RESOLVE:

Primeiro. Declarar, con carácter provisional, os/as aspirantes admitidos/as e excluídos/as así como os/as exentos/as e non exentos/as da realización do exercicio de lingua galega no concurso-oposición para o ingreso na categoría de técnico/a superior en prevención de riscos laborais, convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2016.

Segundo. A lista coa relación provisional de admitidos/as e excluídos/as, con indicación do motivo de exclusión, e os/as declarados/as exentos/as e non exentos/as da realización do exercicio de lingua galega, poderá examinarse na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).

Ademais, o estado de cada solicitude pode ser consultado polo/a solicitante no seu expediente electrónico persoal en Fides/expedient-e/sección de procesos

Terceiro. As persoas aspirantes excluídas e as declaradas non exentas da realización do exercicio de galego disporán dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia para poder emendar, de ser o caso, o defecto que motivou a súa exclusión e/ou a declaración de non exento/a da realización de tal exercicio, mediante escrito dirixido á mesma unidade de validación á que se dirixiu a instancia de participación, que deberá presentarse nun rexistro administrativo ou a través de calquera dos procedementos dispoñibles do artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Disporán do mesmo prazo de reclamación as persoas que, tendo presentado debidamente a solicitude de participación no proceso, non consten como admitidas nin excluídas na relación publicada.

Cuarto. A estimación ou desestimación das solicitudes de emenda entenderase implícita na resolución pola que se aprobe, con carácter definitivo, a relación de admitidos/as e excluídos/as e de exentos/as e non exentos/as do exercicio acreditativo do coñecemento da lingua galega, que se publicará no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 31 de marzo de 2017

Margarita Prado Vaamonde
Directora xeral de Recursos Humanos