Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Luns, 10 de abril de 2017 Páx. 17185

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 20 de marzo de 2017, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia a formalización da contratación da obra de implantación do laboratorio de microbioloxía nos hospitais do Meixoeiro e Álvaro Cunqueiro, en Vigo (cofinanciado nun 80 % polo programa operativo Feder Galicia 2014-2020, O.E. 9.7.1) (expediente AB-SER3-16-031).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Económicos.

c) Número do expediente: AB-SER3-16-031.

d) Enderezo da internet do perfil de contratante: www.sergas.es

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: obra.

b) Descrición: contratación da obra de implantación do laboratorio de microbioloxía nos hospitais do Meixoeiro e Álvaro Cunqueiro, en Vigo (cofinanciado nun 80 % polo programa operativo Feder Galicia 2014-2020, O.E. 9.7.1).

c) CPV (referencia de nomenclatura): 45262700-8.

d) Medio e data de publicación do anuncio de licitación: DOG núm. 209, do 3 de novembro de 2016; na web do Servizo Galego de Saúde e na plataforma de contratos de Galicia, o 3 de novembro de 2016.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria e documentalmente simplificada.

b) Procedemento: aberto, multicriterio e non suxeito a regulación harmonizada.

4. Valor estimado do contrato: 809.277,27 euros.

5. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 809.277,27 euros. IVA (%): 21 %. Importe total: 979.225,50 euros.

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 8 de marzo de 2017.

b) Data de formalización do contrato: 16 de marzo de 2017.

c) Contratista: Extraco, S.A.

d) Importe ou canon de adxudicación. Importe neto: 683.272 euros. IVA (%) 21 %. Importe total: 826.759,12 euros.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: a oferta da adxudicataria foi seleccionada como a economicamente máis vantaxosa, mediante a aplicación dos criterios que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares. A resolución de adxudicación e os informes de valoración están publicados no perfil de contratante.

Santiago de Compostela, 20 de marzo de 2017

María Jesús Piñeiro Bello
Directora xeral de Recursos Económicos