Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Luns, 10 de abril de 2017 Páx. 17122

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 16 de marzo de 2017, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Lugo (expediente IN407A 2016/82-2, 8391 AT).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que a seguir se describe:

Solicitante: Begasa.

Domicilio social: parque empresarial As Gándaras, r/ A, parcela U2, Lugo.

Denominación: LMTS e reforma CTC Ceao 10.

Situación: concello de Lugo.

Características técnicas:

1. LMT soterrada con orixe nun empalme coa LMT soterrada existente Ceao 3, entra e sae no CT Ceao 10, entra e sae no CT Ceao 11, entra e sae no CT Comp. San Cristóbal e remata no paso aéreo a soterrado no CT Ceao 1 para conexionar coa LMT aérea Ceao 1, cunha lonxitude de 260 metros en condutor RHZ1-240.

2. Reforma do CT existente Ceao 10 no que se realiza un foso de recollida de aceite, unha canle para celas de MT, pintado de paredes, chan e teito, construción dunha porta de dobre folla, instalación dun anteparo de protección do transformador e a desmontaxe de embarrados, aparamenta, ferraxes e anteparos. Instálanse dúas celas de liña, unha de protección do transformador, un circuíto de terras interior, circuíto de emerxencia e alumeado, armario de BT e ampliación.

3. Instalación dunha cela de liña no CT Comp. San Cristóbal.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e consonte coa Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54, do 19 de marzo), esta xefatura territorial, de acordo coas competencias que resultan dos decretos 129/2015, do 8 de outubro (DOG núm. 194, do 9 de outubro), e do 175/2015, do 3 de decembro (DOG núm. 232, do 4 de decembro), polos que se crea e establece a estrutura orgánica da consellería, e tendo en conta o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, sobre órganos competentes para autorización de instalacións eléctricas na Comunidade Autónoma de Galicia, resolve:

Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción das ditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no seu proxecto e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente, independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial e outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra esta resolución cabe interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén poderá interpoñerse calquera outro recurso que xulgue pertinente ao seu dereito.

Lugo, 16 de marzo de 2017

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo