Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Luns, 10 de abril de 2017 Páx. 17128

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 21 de marzo de 2017, da Secretaría Xeral de Emprego, pola que se fai público o depósito da modificación dos estatutos da Asociación de Empresas de Tecnología de Galicia (INEO), co número 72-957-2006.

En cumprimento do disposto no artigo 13.3 do Real decreto 416/2015, do 29 de maio, sobre depósito de estatutos das organizacións sindicais e empresariais, e para os efectos previstos nel, faise público que na correspondente oficina pública de depósito de estatutos de organizacións sindicais e empresariais desta secretaría xeral se acordou depositar a modificación do artigo 2 dos estatutos da Asociación de Empresas de Tecnología de Galicia (INEO), que consiste no cambio de domicilio social que, en virtude de dita modificación, pasa a ser na rúa García Barbón, 104, Edificio Vista Alegre, 1º andar, oficinas 10 e 11.

– Ámbito territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

– Ámbito profesional: poderán ser membros todas aquelas persoas físicas ou xurídicas con capacidade para obrar que teñan interese no desenvolvemento dos fins da asociación e que cumpran os requisitos recollidos no artigo 5.

Asinantes: Giovanni Giardina Fernández (presidente) e Carlos Javier Abal Valverde (secretario-tesoureiro)

Santiago de Compostela, 21 de marzo de 2017

Covadonga Toca Carús
Secretaria xeral de Emprego