Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Luns, 10 de abril de 2017 Páx. 17144

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 28 de marzo de 2017, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica a resolución do expediente sancionador na orde social RL 2009/284-1 e cinco máis.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non se puidesen practicar faranse por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), e a súa eficacia quedará condicionada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

Intentouse a notificación por correo certificado aos titulares das empresas citadas no anexo, sen que fose posible, polo que se lles notifica por medio deste anuncio a resolución ditada nos correspondentes expedientes sancionadores.

Sen prexuízo do anterior, e en virtude do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.

Os interesados dispoñen do prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, para interpoñeren recurso de alzada, ante a Secretaría Xeral de Emprego, Consellería de Economía, Emprego e Industria, así como para comprobar o contido íntegro do expediente nas dependencias da Xefatura Territorial da Coruña; rúa Salvador de Madariaga, 9-1º, da Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Advírteselles que, de non interpoñeren recurso en tempo e forma, deberán aboar a sanción, utilizando necesariamente o documento de pagamento que poderán solicitar nesta xefatura territorial, nos seguintes prazos:

– Sancións notificadas antes do día 15 de cada mes, aboaranse antes do 29 do mes seguinte ao da notificación.

– Sancións notificadas despois do día 15 de cada mes, aboaranse antes do 5 do segundo mes seguinte á notificación.

De non facelo así, procederase á exacción pola vía executiva, nos termos previstos na Orde da Consellería de Economía e Facenda do 23 de novembro de 2001 (DOG do 5 de decembro).

A Coruña, 28 de marzo de 2017

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

1. Expediente: RL 2009/284-1.

Acta inf. nº: I152009000059240.

Empresa: Construcciones y Viales Baltasar, S.L.

NIF: B36966984.

Concello: Vigo (Pontevedra).

Materia: seguridade e saúde.

Data da resolución: 20 de marzo de 2017.

2. Expediente: RL 2010/78-1.

Acta inf. nº: I152010000012638.

Empresa: Elecnor, S.A.

NIF: A48027056.

Concello: Oleiros (A Coruña)

Materia: seguridade e saúde.

Data da resolución: 10 de marzo de 2017.

3. Expediente: RL 2016/435-1.

Acta inf. nº: I152016000095865.

Empresa: Segur 10 Vigilancia, S.A.

NIF: A70093083.

Concello: Ames (A Coruña).

Materia: relacións laborais.

Data da resolución: 24 de febreiro de 2017.

4. Expediente: RL 2016/493-1.

Acta inf. nº: I152016000105161.

Empresa: Abeiradaria, S.L.

NIF: B70403001.

Concello: Oleiros (A Coruña).

Materia: relacións laborais.

Data da resolución: 10 de marzo de 2017.

5. Expediente: RL 2016/506-1.

Acta inf. nº: I152016000103343.

Empresa: María José Siso Barreiro.

NIF: 33240550F.

Concello: A Coruña (A Coruña).

Materia: prevención riscos laborais.

Data da resolución: 9 de marzo de 2017.

6. Expediente: RL 2016/507-1.

Acta inf. nº: I152016000103444.

Empresa: María José Siso Barreiro.

NIF: 33240550F.

Concello: A Coruña (A Coruña).

Materia: relacións laborais.

Data da resolución: 9 de marzo de 2017.