Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Luns, 10 de abril de 2017 Páx. 16971

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería do Mar

DECRETO 41/2017, do 30 de marzo, polo que se dispón o nomeamento dun vogal do Consello de Administración do ente público Portos de Galicia.

O Consello de Administración é o órgano superior colexiado de dirección do ente público Portos de Galicia, tal e como se dispón no artigo 10 do regulamento do ente aprobado polo Decreto 227/1995, do 20 de xullo. No citado artigo sinálase a composición do Consello de Administración, así como a forma de nomeamento e cesamento dos seus vogais, todos eles son nomeados polo Consello da Xunta de Galicia por proposta do presidente do ente público Portos de Galicia, agás os representantes da Administración autonómica que, de conformidade co artigo 10.3 do regulamento, serán nomeados por proposta das persoas titulares das consellerías con representación no Consello de Administración.

En consecuencia, vistas as propostas de cesamento e nomeamento precisas para a renovación dun vogal representante da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, por proposta da conselleira do Mar e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día trinta de marzo de dous mil dezasete,

DISPOÑO:

Artigo único.

O nomeamento de Ignacio Maestro Saavedra como vogal titular do Consello de Administración do ente público Portos de Galicia, en representación da Consellería de Infraestruturas e Vivenda.

Santiago de Compostela, trinta de marzo de dous mil dezasete

Alberto Núñez Feijóo
Presidente

Rosa Mª Quintana Carballo
Conselleira do Mar