Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Mércores, 12 de abril de 2017 Páx. 17558

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 3 de abril de 2017, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, convocado pola Orde do 15 de xuño de 2015 (DOG número 114, do 18 de xuño), modificada pola Orde do 12 de novembro de 2015 (DOG número 220, do 18 de novembro), pola que se dá publicidade a diversos acordos.

Na sesión que tivo lugar o día 3 de abril de 2017, o tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, convocado pola Orde do 15 de xuño de 2015 (DOG núm. 114, do 18 de xuño), modificada pola Orde do 12 de novembro de 2015 (DOG núm. 220, do 18 de novembro), e de conformidade co disposto nas bases da convocatoria,

Acordou:

Primeiro. Declarar todas as persoas aspirantes que superaron o terceiro exercicio exentas da realización do cuarto exercicio, por teren presentado a documentación xustificativa sinalada na base II.1.4. da convocatoria, e dar por rematada a fase de oposición.

Segundo. De acordo co disposto na base III.13 da convocatoria, contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada, ante o conselleiro competente en materia de función pública nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 3 de abril de 2017

Paula Oliete Trillo
Presidenta do tribunal