Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Luns, 17 de abril de 2017 Páx. 17688

I. Disposicións xerais

Consellería de Facenda

CORRECCIÓN DE ERROS. Decreto 30/2017, do 30 de marzo, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Facenda.

Advertidos erros no devandito decreto, publicado no DOG nº 64, do 31 de marzo de 2017, cómpre facer as seguintes correccións:

Na páxina 15412, no número 3.e) do artigo 2, onde di: «A Comisión de Nóminas, creada polo Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 3 de marzo de 2000», debe dicir: «A Comisión de Nóminas, regulada polo Decreto 93/2016, do 21 de xullo».

Na páxina 15412, no número 3.g) do artigo 2, onde di: «Lei 2/2016», debe dicir: «Lei 2/2015».

Na páxina 15413, no cuarto guión do artigo 4, onde di: «– A organización, mantemento e custodia do Rexistro Xeral de Contratos da Comunidade Autónoma de Galicia, de acordo co Decreto 198/1995, do 16 de marzo, polo que se crea o Rexistro de Contratos da Comunidade Autónoma de Galicia», debe dicir: «– A organización, mantemento e custodia do Rexistro de Contratos do Sector Público Autonómico de Galicia, regulado polo Decreto 103/2016, do 28 de xullo».

Na páxina 15423, nos apartados 1 e 2 do artigo 10, onde di respectivamente: «Rexistro Xeral de Contratos da Comunidade Autónoma» e «Rexistro Xeral de Contratistas», debe dicir: «Rexistro de Contratos do Sector Público Autonómico de Galicia».

Nas páxinas 15464 e 15471, apartados 2 e 3.4 do artigo 22, onde di: «á Lei 9/1996, do 18 de outubro», debe dicir: «ao título II da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno».