Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Luns, 17 de abril de 2017 Páx. 18013

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ANUNCIO do 23 de marzo de 2017, da Secretaría Xeral da Igualdade, polo que se fai pública a notificación da resolución do procedemento de reintegro da subvención concedida ao abeiro do convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería da Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Asociación Ultreia LGTBI para o desenvolvemento de actividades dirixidas ao colectivo LGTBI.

De conformidade co disposto nos artigos 40 e 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos no enderezo da asociación Ultreia LGTBI na rúa de Entremuros, 13, baixo, 15704 Santiago de Compostela (A Coruña), notifícaselle a esta asociación con NIF G70465729 a resolución do procedemento de reintegro da subvención concedida.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE).

De conformidade co establecido no artigo 46 da citada Lei 39/2015, esta notificación poderá ser recollida pola representación legal da Asociación Ultreia LGTBI, debidamente acreditada, na Secretaría Xeral da Igualdade, no Edificio Administrativo de San Lázaro, s/n, en Santiago de Compostela. De non comparecer no prazo de dez días, contados a partir do día seguinte ao da publicación no Boletín Oficial del Estado deste anuncio, a notificación entenderase producida para todos os efectos legais.

A resolución do procedemento de reintegro pon fin á vía administrativa e contra ela cabe formular recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous (2) meses, que se contarán desde o día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado. Así mesmo, con anterioridade e con carácter potestativo, poderá interpoñerse ante a Secretaría Xeral da Igualdade recurso de reposición no prazo dun (1) mes, que se contará desde o día seguinte ao desta publicación. Todo iso de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, e na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 23 de marzo de 2017

Susana López Abella
Secretaria xeral da Igualdade