Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Luns, 17 de abril de 2017 Páx. 18045

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 30 de marzo de 2017, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Política Social, pola que se notifica a resolución relativa ao recurso de alzada número 2017-00115 presentado por Euroconsultores Sociosanitarios, S.L. (expediente BS103K 2016/000181-0).

De conformidade co disposto nos artigos 42, 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de resultar infrutuoso o intento de notificación no último domicilio coñecido que figura no Rexistro Único de Entidades prestadoras de servizos sociais ao ser devolta polo servizo de Correos a notificación enviada no seu día, publícase o presente anuncio citando a persoa que se relaciona no anexo ao anuncio para ser notificado por comparecencia en relación coa resolución ditada no recurso de alzada presentado e que se indica no dito anexo.

No prazo de dez (10) días contados desde o seguinte ao da data de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), poderá comparecer persoalmente ou debidamente representada na Sudirección Xeral de Autorización e Inspección de Servizos Sociais da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Política Social, en horario de mañá, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela, para os efectos de coñecer o texto íntegro da resolución, advertíndolle que, de non facelo así, se terá por notificado.

Infórmase a persoa que se cita no anexo que contra esta resolución cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co disposto no artigo 10 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da notificación, conforme o disposto no artigo 46.1 da citada Lei 29/1998, do 13 de xullo, sen prexuízo de poder exercer calquera que se considere procedente.

Santiago de Compostela, 30 de marzo de 2017

Francisco Javier Abad Pardo
Secretario xeral técnico da Consellería de Política Social

ANEXO

Nº de expediente: BS103K 2016/000181-0.

Nome e apelido: Jesús Pedro Arribas Moratalla en nome e representación da entidade mercantil Euroconsultores Sociosanitarios, S.L.

Acto administrativo: Resolución do 17 de marzo de 2017. Desestimación do recurso de alzada número 2017-00115.