Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Luns, 17 de abril de 2017 Páx. 17935

IV. Oposicións e concursos

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 3 de abril de 2017 pola que se convoca o concurso de méritos para a provisión de diversos postos de traballo correspondentes ao persoal funcionario de administración e servizos.

Ao estaren vacantes diversos postos de traballo desta universidade, esta xerencia, no uso das atribucións conferidas no artigo 40 dos estatutos desta universidade, aprobados polo Decreto 101/2004, do 13 de maio (DOG do 26 de maio), e da delegación de competencias operada pola Resolución reitoral do 12 de xaneiro de 2016, en relación co artigo 20 da Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, modificada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril, de acordo co que dispón o artigo 79 do Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, os artigos 90 e seguintes da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, o Decreto 93/1991, da Xunta de Galicia, do 20 de marzo (DOG do 25 de marzo), modificado polo Decreto 166/2013, do 14 de novembro (DOG do 18 de novembro), o Real decreto 364/1995, do 10 de marzo (BOE do 10 de abril), que aproba o Regulamento xeral de ingreso do persoal ao servizo da Administración xeral do Estado e de provisión de postos de traballo e promoción profesional dos funcionarios civís da Administración xeral do Estado, a Resolución do 8 de xaneiro de 2016, da Universidade da Coruña, pola que se fai pública a relación de postos de traballo do persoal funcionario de administración e servizos (DOG do 18 de xaneiro), e logo de consultar a Xunta de Persoal Funcionario de Administración e Servizos,

RESOLVE:

Publicar a convocatoria do concurso para cubrir os postos que se relacionan no anexo I desta resolución, así como os que resultaren vacantes no seu proceso de cobertura, conforme as seguintes bases:

Primeira. Requisitos e condicións de participación

Poderán participar neste concurso todos/as os/as funcionarios/as de carreira das escalas de administración e servizos da Universidade da Coruña, calquera que for a súa situación administrativa, agás os suspensos en firme, así como os que pertenzan aos distintos corpos ou escalas de calquera das administracións públicas que se acharen na data desta convocatoria prestando os seus servizos nesta universidade como funcionario/a de carreira, sempre que reuniren, na data en que remate o prazo de presentación das solicitudes de participación, as condicións e requisitos exixidos nesta convocatoria, así como o establecido no artigo 9.2 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo: «os funcionarios deberán permanecer en cada posto de traballo de destino definitivo un mínimo de dous anos para poder participar nos concursos de provisión, a non ser por supresión do posto».

Despois de transcorrer o período de presentación de instancias, as solicitudes formuladas serán vinculantes para a persoa peticionaria e os destinos adxudicados serán irrenunciables, agás que se obteña outro destino por medio de convocatoria pública antes de finalizar o prazo de toma de posesión.

Segunda. Postos de traballo

Os postos de traballo son os que se detallan no anexo I, e será necesario para poder optar a calquera deles pertencer ao grupo e ao corpo ou escala-subescala que se sinalan nese anexo, así como reunir os requisitos específicos que se sinalan nel e na vixente relación de postos de traballo de persoal funcionario de administración e servizos da Universidade da Coruña, coas excepcións feitas na base primeira.

Así mesmo, os funcionarios que o desexaren poderán solicitar os postos que, en resultas, poidan quedar vacantes durante o proceso de cobertura.

Terceira. Valoración de méritos

A valoración dos méritos das persoas aspirantes para a adxudicación dos postos de traballo que se solicitaren será como a seguir se indica.

1. Méritos xerais.

1.1. Grao persoal consolidado.

A valoración do grao persoal consolidado efectuarase segundo os seguintes criterios:

Grao consolidado

Máximo: 15

30

15

29

14,5

28

14

27

13,5

26

13

25

12,5

24

12

23

11,5

22

11

21

10,5

20

10

19

9,5

18

9

17

8,5

16

8

15

7,5

14

7

13

6,5

12

6

1.2. Valoración do traballo desenvolvido.

A valoración do traballo desenvolvido na UDC efectuarase segundo os seguintes criterios:

Valorarase o traballo desenvolvido en postos actualmente catalogados como de funcionario que se ocupen con carácter definitivo ou en adscrición provisional, e pertencentes á mesma escala-subescala (administración xeral, bibliotecas, escala técnica).

No caso de ocupar unha praza en comisión de servizos este tempo valorarase como prestado no último posto que se ocupou con carácter definitivo ou con adscrición provisional.

Para a valoración do traballo desenvolvido na UDC, tomarase a puntuación fixada por ano para cada posto na táboa que a seguir se relaciona. Os períodos inferiores ao ano ratearanse por meses.

Escala de Administración xeral

Letrado/a asesor/a

2,45

Vicexerente

2,375

Xefa/e de servizo

2,3

Xefa/e de sección

1,85

Administrador/a

1,775

Secretaria/o do reitor, Consello Social

1,325

Xefa/e de negociado

1,175

Secretaria/o do secretario xeral, vicerreitor, xerente

Secretaria/o de decanato/dirección

0,875

Secretaria/o de instituto universitario

0,8

Secretaria/o administrativa/o

0,725

Posto base ORI

0,650

Posto base

0,5

Xefe de grupo

0,5

Escala de bibliotecas

Xefe/a de servizo

2,3

Xefe/a de sección

1,85

Director/a de biblioteca

1,775

Bibliotecario/a técnico/a de arquivo

1,175

Auxiliar técnico/a de biblioteca

0,8

Escala técnica

Técnico/a superior/medio-Xefe de servizo

1,850

Técnico/a superior-Coordinador da Área de Informática

Técnico/a superior-Coordinador da Área de Deportes

Secretario técnico

1,775

Técnico/a superior en asesoramento científico

Técnico/a en fomento da innovación

Técnico/a en relacións internacionais

Técnico/a superior

1,700

Técnico/a de grao medio informático

1,325

Técnico/a de grao medio

1,175

Técnico/a especialista en distribución de correos

Técnico/a especialista

0,875

Conserxe

0,500

Especialista de laboratorio

0,350

Condutor/a

Mariñeiro/a especialista

Especialista de correos

Socorrista

Especialista de oficios

Telefonista

0,275

Vixilante

0,200

Auxiliar de servizos

Neste punto consideraranse servizos prestados na UDC o traballo desenvolvido na Universidade de Santiago de Compostela con anterioridade á entrada en vigor do Decreto 3/1990, do 11 de xaneiro, de segregación de centros e servizos da Universidade de Santiago de Compostela con todos os seus medios materiais e humanos e da súa integración nas novas universidades da Coruña e Vigo (DOG do 24 de xaneiro).

O traballo desenvolvido noutras administracións valorarase segundo a puntuación que se corresponda cos postos que figuran na táboa, segundo o seu nivel de complemento de destino e específico, de acordo cos niveis de complemento de destino e específico acreditados na certificación de servizos prestados, ou a proporción que corresponda. A diferenza por cada nivel será de 0,075, tanto de complemento de destino como de específico. En caso de que non se poida certificar o nivel de complemento específico, asimilarase ao complemento de destino.

Asegurarase como mínimo que a puntuación será a que corresponda ao posto de nivel inferior en que se pode prestar servizos nesta universidade dentro de cada grupo funcionarial da RPT vixente.

Puntuación máxima desta epígrafe: 25 puntos.

1.3. Antigüidade.

Os servizos prestados na Administración pública, en que se inclúen os servizos previos recoñecidos que se prestasen con anterioridade á condición de funcionario de carreira, valoraranse por cada ano completo (ou fracción 1/12 por mes completo), ata un máximo de 20 puntos, do seguinte xeito:

– Servizos prestados noutras administracións: 0,534 puntos por ano completo de servizos.

– Servizos prestados no Sistema universitario de Galicia: 0,667 puntos por ano completo de servizo.

Neste punto consideraranse servizos prestados na UDC o tempo traballado en centros adscritos de natureza xurídico-pública con anterioridade á súa integración e de acordo coas normas da dita integración.

Ao abeiro do disposto no Real decreto 255/2006, polo que se modifica o Real decreto 364/1995, e o Real decreto 365/1995, engadirase á puntuación obtida por antigüidade (por riba dos 20 puntos) e só se terá en conta para postos de igual ou inferior nivel ao do posto que ocupa no momento do concurso con carácter definitivo ou en adscrición provisional, e que se poderá obter polos seguintes supostos:

a) 1,25 puntos no caso de que o destino previo do cónxuxe funcionario, obtido mediante convocatoria pública, se localice no municipio en que radique o posto ou os postos de traballo solicitados, sempre que se acceda desde un municipio distinto.

b) 1,25 puntos no caso de acreditar o coidado de fillos, tanto cando fosen por natureza como por adopción ou acollemento permanente ou preadoptivo, ata que o fillo cumpra doce anos, sempre que acredite fidedignamente a persoa interesada que o posto solicitado permite unha mellor atención do menor.

c) 1,25 puntos no caso de acreditar o coidado dun familiar, ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade sempre que, por razóns de idade, de accidente, de enfermidade ou de discapacidade non se poida valer por si mesmo e non desempeñe actividade retribuída, sempre que se acceda desde un municipio distinto, e sempre que a persoa interesada acredite que o posto que se solicita permite unha mellor atención do familiar. A valoración deste suposto será incompatible coa concedida polo coidado de fillos.

1.4. Formación.

1.4.1. A valoración dos cursos farase de acordo cos seguintes criterios:

Nesta subepígrafe serán valorados os cursos, impartidos e/ou recibidos, de formación administrativa xeral, así como os cursos de formación e de perfeccionamento que versen sobre materias directamente relacionadas coas funcións propias dos postos de traballo. Non se avaliará a formación no DEA se se posúe a titulación de doutor.

– Cursos de aptitude: 0,075 puntos por hora.

– Cursos de asistencia: 0,05 puntos por hora.

– Actividades formativas nas cales non conste o número de horas: computarase unha hora por día da actividade.

Os cursos impartidos avaliaranse como un curso de aptitude polo número de horas dunha edición.

As estadías noutras universidades, convocadas para o PAS, de duración igual ou superior a 5 días, valoraranse como 20 horas de asistencia a unha acción formativa, entendéndose incluídas nesta epígrafe exclusivamente as convocadas para o persoal de administración e servizos.

A puntuación máxima será de 15 puntos.

A formación que tivese unha antigüidade de máis de 10 anos na data en que finalice o prazo de presentación de instancias non poderá superar un máximo de 10 puntos.

1.4.1.1. Valoraranse os cursos organizados pola UDC, os recibidos na EGAP, no INAP, servizos de prevención e mutuas ou noutros centros oficiais de calquera Administración pública, así como os homologados pola EGAP e os impartidos por organizacións sindicais e empresariais dentro dos programas de formación continua e outros organismos públicos. Igualmente, para os postos reservados ás escalas de arquivos, bibliotecas e museos, valoraranse os cursos específicos organizados por entidades profesionais, membros da Federación Española de Sociedades de Arquivística, Biblioteconomía, Documentación e Museística.

1.4.1.2. Os títulos propios, o DEA e a suficiencia investigadora valoraranse como os cursos recollidos no punto 1.4.1.1.

1.4.1.3. Non se valorarán cursos académicos completos nin por materias de forma illada.

1.4.1.4. Non serán obxecto de valoración os cursos preparatorios ou integrantes de procesos selectivos que foren organizados por calquera Administración.

1.4.2. Titulación académica.

Titulacións

Máximo: 5

Doutor

5

Mestrado oficial (2º e sucesivos: 10 % do primeiro)

1º = 0,5 adicional

Licenciado/grao

4

Diplomatura

3

Ciclo superior de FP

2,5

Bacharelato

2

Ciclo medio de FP

Graduado escolar

1

Segundas e sucesivas titulacións universitarias

10 % do valor da 1ª equivalente no nivel de estudos

As equivalencias de titulacións serán as establecidas polo Ministerio e a persoa interesada deberá citar a disposición e o BOE en que se establece.

Non se lles dará a consideración de segundas titulacións ás que constitúan unha especialidade por itinerario da titulación ou as titulacións adaptadas ao EEES (graos) ás cales se acceda a través dun curso ponte.

No suposto de posuír dúas titulacións, cando se accede ao segundo ciclo dunha titulación mediante a superación do primeiro ciclo doutra, só se terá en conta a de nivel superior.

1.4.3. Coñecemento da lingua galega.

Valoraranse os cursos segundo o recollido na Orde de 16 de xullo de 2007 (DOG do 30 de xullo), modificada pola Orde do 13 de xuño de 2011 (DOG do 24 de xuño), pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (Celga), así como as equivalencias que esta última orde dispón no artigo 5:

Galego

Máximo: 5

Linguaxe administrativa, nivel superior, ou Celga 5

5

Linguaxe administrativa, nivel medio

3,3

Celga 4

1,6

Celga 3

0,8

1.4.4. Coñecemento de idiomas.

O coñecemento de idiomas valorarase seguindo os niveis de competencias lingüísticas establecidas polo Consello de Europa no Marco común europeo de referencia das linguas (MECRL), segundo a táboa de equivalencias contida no anexo IV.

Para os efectos de valoración do nivel de competencias lingüísticas, teranse en conta tamén as previsións e equivalencias dos diferentes títulos obtidos nas escolas oficiais de idiomas regulados no Real decreto 1629/2006, do 29 de decembro, polo que se fixan os aspectos básicos do currículo das ensinanzas de idiomas de réxime especial reguladas pola Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, así como no Decreto 191/2007, da Comunidade Autónoma de Galicia, do 20 de setembro, polo que se establece a ordenación de ensinanzas de idiomas de réxime especial e os currículos dos niveis básico e intermedio, e o Decreto 239/2008, da Comunidade Autónoma de Galicia, do 25 de setembro, polo que se establece o currículo de nivel avanzado.

Nivel

Máximo: 2,5

C2

2,25

C1

1,75

B2

1,25

B1

0,75

A2

0,25

A1

0,1

1.5. Grupo do corpo ou escala de pertenza.

Polo grupo a que pertence o funcionario e desde o que participa no concurso concederanse os seguintes puntos:

Subgrupo

Máximo: 12,5

A1

12,5

A2

9,375

C1

6,25

C2

3,125

E (AP)

1

2. Méritos específicos.

2.1. Esta fase está dirixida á comprobación e á valoración dos méritos específicos das persoas aspirantes a postos de xefaturas de servizos, ou postos equivalentes con nivel de complemento de destino igual ou superior ao 28. Efectuarase da seguinte forma:

Elaboración dun proxecto, exposición e defensa. Puntuación total: 20 puntos.

Os solicitantes deberán elaborar unha memoria en que se evidencie o coñecemento da área a que concursan, cunha análise das tarefas do posto e os requisitos, condicións e medios necesarios para desempeñalo, así como unha proposta organizativa do posto e área en que se encadra que conteña os obxectivos que se van desenvolver nos próximos dous anos, e coa descrición de polo menos dúas accións para cada obxectivo marcado.

Para os efectos do anterior, os solicitantes deberán presentar por escrito e defender oralmente este proxecto, nun acto público e ante a comisión para o posto a que se concurse.

Con ese fin presentarase o proxecto no prazo de solicitude da convocatoria do concurso, nun sobre branco, tamaño 36 cm×26 cm, pechado e sen ningún tipo de identificación, no cal apareza só o enderezo da Universidade da Coruña. Deberá ter unha extensión máxima de 20 páxinas, en tamaño A4 a espazo e medio e cun tipo de letra Times New Roman ou Arial de tamaño 12. Dentro deste sobre incluirase, ademais do proxecto, un segundo sobre pechado e tamén sen identificación, dentro do cal o aspirante indicará os seus datos persoais (nome, apelidos e fotocopia do documento nacional de identidade).

A valoración do proxecto farase en dúas fases:

Fase a) Lectura do proxecto por parte da comisión avaliadora. A valoración faise sen coñecer o nome dos aspirantes, e avaliarase cun máximo de 10 puntos, que resultará da media aritmética das puntuacións outorgadas por cada un dos membros da comisión. Esta puntuación farase pública antes da exposición.

Fase b) Exposición pública do proxecto. A valoración farase con base nos criterios que previamente estableza a comisión. O tempo máximo de intervención para a defensa e exposición por cada candidato será de 30 minutos. Con posterioridade terá que atender as preguntas, as aclaracións, os comentarios e as suxestións que puidesen formularlle os membros da comisión. A puntuación será de 10 puntos como máximo, que resultará da media aritmética das puntuacións outorgadas por cada un dos membros da comisión, unha vez escoitada a exposición e concluído o diálogo coa persoa aspirante. O aspirante deberá obter nesta segunda fase una puntuación mínima de 5 puntos para conservar a puntuación obtida na primeira fase. No caso de non se presentar ou non obter esta puntuación mínima, non se lle computará a puntuación obtida na fase a) precedente.

O acto será único para todos os aspirantes a un mesmo posto e será público. Os aspirantes serán convocados para a exposición e defensa pública pola Universidade da Coruña cunha antelación de, como mínimo, 3 días hábiles. Unha vez outorgada a puntuación do proxecto, a comisión levantará a acta correspondente, que será publicada no prazo máximo dos cinco días seguintes á data da exposición, e na cal deberán figurar os criterios de valoración aplicados pola comisión.

A avaliación dos méritos desta segunda fase efectuarase mediante a puntuación obtida coa media aritmética das outorgadas por cada un dos membros da comisión avaliadora, desbotarase para estes efectos a máxima e a mínima concedidas ou, de ser o caso, unha das que aparezan repetidas como tales. As puntuacións outorgadas, así como a avaliación final, deberanse reflectir na acta que se redactará para o efecto.

A valoración global dos méritos, xerais e específicos, suporá, como mínimo, o cincuenta e cinco por cento da puntuación máxima alcanzable, segundo se establece no punto 4 do artigo 91 da Lei 2/2015, do 29 de abril, de emprego público de Galicia.

Cuarta. Solicitudes

As solicitudes para tomar parte neste concurso e o modelo de currículo axustaranse ao modelo que se publica como anexo II e III desta resolución e deberán presentarse no Rexistro Xeral da Universidade da Coruña, nos rexistros auxiliares do Campus de Elviña e do Campus de Esteiro en Ferrol, ou nas restantes formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, no prazo de quince días hábiles, que se contarán a partir do día seguinte ao da data de publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

No suposto de que foren varios os postos que se solicitaren, a preferencia deles virá establecida pola orde en que aparezan consignados na solicitude.

No caso de que non coincida o número de posto coa denominación deste, prevalecerá o nome do posto.

Poderanse condicionar as peticións de dous funcionarios por razón de convivencia familiar ao feito de obteren ambos destino neste concurso e no mesmo municipio, de tal xeito que se un deles non obtivese destino quedará anulada tamén a solicitude do outro.

Quinta. Relación de persoas admitidas e excluídas

Despois de rematar o prazo de presentación de solicitudes, o Servizo de Persoal elaborará unha proposta, que será trasladada ao xerente, quen resolverá declarando a relación de persoas admitidas e excluídas, onde se indicará a causa de exclusión. Esta relación publicarase na sede electrónica e as persoas excluídas terán un prazo de dez días hábiles para reclamaren en contra da exclusión.

Sexta. Comisión de Valoración

Os méritos serán valorados por unha comisión. A composición desta comisión será publicada na sede electrónica da UDC.

A Comisión de Valoración terá a categoría primeira das recollidas no Decreto 144/2008, do 26 de xuño, polo que se modifica o Decreto 144/2001, do 7 de xuño, de indemnizacións por razóns de servizos ao persoal con destino na Administración autonómica de Galicia.

Sétima. Acreditación de méritos

Os requisitos, os méritos e demais datos deberán ser acreditados polas persoas interesadas mediante a presentación dos documentos e dos títulos orixinais, ou de fotocopias compulsadas, e as certificacións das correspondentes unidades de persoal. As certificacións deberán estar referidas á data de remate do prazo de presentación de solicitudes.

Os servizos prestados na Administración pública serán acreditados de oficio polo Servizo de Persoal de Administración e Servizos da Universidade da Coruña. No caso de que estes non constaren no expediente da persoa interesada, deberán ser acreditados mediante unha certificación expedida pola xefatura de persoal da administración onde se prestasen.

A Comisión de Valoración non terá en conta os méritos que a persoa interesada non acredite documentalmente.

Non obstante, a Comisión de Valoración poderá, se o considerar oportuno, requirir das persoas concursantes que presenten os documentos adicionais, as aclaracións e as probas que consideraren precisas.

Oitava. Resolución do concurso e toma de posesión

A orde de prioridade para a adxudicación dos postos virá dada pola puntuación total que se obteña. No caso de empate na puntuación acudirase para dirimilo á orde de valoración de méritos establecida no artigo 10.1 do Decreto da Xunta de Galicia 93/1991, do 20 de marzo, que aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna.

Despois de remataren os traballos de valoración de méritos, a Comisión de Valoración publicará na sede electrónica da UDC as puntuacións que obteñan as persoas aspirantes por cada concepto, así como a proposta provisional de adxudicación dos postos, contra a cal as persoas interesadas poderán formular reclamacións no prazo de dez días hábiles, que contarán a partir do día seguinte ao da súa publicación.

Despois de transcorrer este prazo, a comisión remitiralle ao xerente a proposta definitiva de adxudicación de postos a favor das persoas solicitantes que obtiveren a maior puntuación, e especificará, se for o caso, os postos que quedasen desertos.

O prazo para tomar posesión será de tres días hábiles se non implica cambio de residencia do funcionario, ou de sete días hábiles se comporta cambio de residencia.

Cando o/a adxudicatario/a do posto obteña coa súa toma de posesión o reingreso ao servizo activo, o prazo será de vinte días hábiles.

O prazo de toma de posesión comezará a contar a partir do día seguinte ao do cesamento, que deberá efectuarse na data que se determine xustificadamente mediante resolución do órgano convocante publicada no Diario Oficial de Galicia. Se implica o reingreso ao servizo activo, o prazo de toma de posesión deberá computarse desde a dita data.

Esta convocatoria e as súas bases vinculan a Administración e os que participen nela.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor un recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, que se contarán desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Previamente, e con carácter potestativo, poderase interpor un recurso de reposición ante esta reitoría, no prazo dun mes, de acordo co establecido no artigo 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro).

A Coruña, 3 de abril de 2017

O reitor da Universidade da Coruña
P.D. (Resolución do 12.1.2016)
Ramón del Valle López
Xerente da Universidade da Coruña

ANEXO I

Relación de postos ofertados de persoal funcionario

NP 2015

Posto

Área

Unidade

Centro directivo

C. de destino

N. c. específico

C. específico

Tipo

Provisión

Subgrupo

Escalas especiais

Subescalas

Quenda

Campus

Formación específica

Observacións

36

Especialista de correos

Servizo de Distribución e Transporte

Secretaría Xeral

16

16

451,34

N

C

C1/C2

Escala técnica de especialistas/Escala técnica auxiliar

Correos

M

C

44

Posto base

Vicexerencia Campus da Coruña

Xerencia

16

17

455,06

N

C

C1/C2

M

C

745

Xefatura de negociado de análise de custos

Vicexerencia Campus da Coruña

Xerencia

21

21

566,32

S

C

A2/C1

M

C

48

Posto base

Unidade Administrativa de Ferrol

Vicexerencia Campus de Ferrol

Xerencia

16

17

455,06

N

C

C1/C2

M

F

49

Posto base

Unidade Administrativa de Ferrol

Vicexerencia Campus de Ferrol

Xerencia

16

17

455,06

N

C

C1/C2

M

F

51

Posto base

Unidade Administrativa de Ferrol

Vicexerencia Campus de Ferrol

Xerencia

16

17

455,06

N

C

C1/C2

M

F

53

Posto base

Unidade Administrativa de Ferrol

Vicexerencia Campus de Ferrol

Xerencia

16

17

455,06

N

C

C1/C2

M

F

63

Xefatura de sección de contabilidade

Servizo de Xestión Financeira

Xerencia

25

26

950,7

S

C

A1/A2/C1

M

C

66

Xefatura de negociado de tesouraría

 

Servizo de Xestión Financeira

Xerencia

21

21

566,32

S

C

A2/C1

M

C

 

68

Xefatura de negociado de orzamentos

 

Servizo de Xestión Financeira

Xerencia

21

21

566,32

S

C

A2/C1

M

C

 

73

Posto base

Servizo de Xestión Financeira

Xerencia

16

17

455,06

N

C

C1/C2

M

C

79

Posto base

Servizo de Intervención

Xerencia

16

17

455,06

N

C

C1/C2

M

C

86

Xefatura de negociado de retribucións cap. VI e Seguridade Social

Servizo de Retribucións, Seguridade Social e Acción Social

Xerencia

21

21

566,32

S

C

A2/C1

M

C

96

Posto base

Servizo de Persoal de Administración e Servizos

Xerencia

16

17

455,06

N

C

C1/C2

M

C

97

Xefatura de servizo

Servizo de Patrimonio, Inventario e Xestión Económica

Xerencia

28

29

1.335,09

S

C

A1/A2

M

C

109

Posto base

Servizo de Patrimonio, Inventario e Xestión Económica

Xerencia

16

17

455,06

N

C

C1/C2

M

C

115

Técnico prevenc. riscos labor.- Xefe do servizo

Servizo de Prevención de Riscos Laborais

Xerencia

25

26

950,7

S

C

A1/A2

Escala técnica superior/Escala técnica de grao medio

M

C

5

Especialidades de seguridade no traballo, hixiene industrial e ergonomía e psicosocioloxía aplicada

132

Auxiliar de servizos

Conserxaría da Reitoría A Maestranza

Xerencia

14

15

441,22

N

C

C2/E-AP

Escala técnica auxiliar/Escala técnica de servizos

Auxiliar de servizos

M

C

137

Auxiliar de servizos

Centro Universitario de Riazor

Xerencia

14

15

441,22

N

C

C2/E-AP

Escala técnica auxiliar/Escala técnica de servizos

Auxiliar de servizos

T

C

142

Auxiliar de servizos

Conserxaría Elviña 1: ESCI, Casa do Lagar

Xerencia

14

15

441,22

N

C

C2/E-AP

Escala técnica auxiliar/Escala técnica de servizos

Auxiliar de servizos

M

C

149

Auxiliar de servizos

Conserxaría Elviña 2: Xoana Capdevielle, Pavillón Deportes

Xerencia

14

15

441,22

N

C

C2/E-AP

Escala técnica auxiliar/Escala técnica de servizos

Auxiliar de servizos

T

C

151

Auxiliar de servizos

Conserxaría Elviña 2: Xoana Capdevielle, Pavillón Deportes

Xerencia

14

15

441,22

N

C

C2/E-AP

Escala técnica auxiliar/Escala técnica de servizos

Auxiliar de servizos

T

C

153

Xefatura de servizo

Servizo de Investigación

Vicerreitoría de Investigación e Transferencia

28

29

1.335,09

S

C

A1/A2

M

C

166

Secretario/a administrativo

Servizo de Investigación

Vicerreitoría de Investigación e Transferencia

18

18

465,15

N

C

C1/C2

M

C

167

Posto base

Servizo de Investigación

Vicerreitoría de Investigación e Transferencia

16

17

455,06

N

C

C1/C2

 

M

C

173

Técnico en microscopia

Servizos de Apoio á Investigación

Vicerreitoría de Investigación e Transferencia

24

25

849,55

N

C

A1/A2

Escala técnica superior/Escala técnica de grao medio

Microscopia

M

C

1, 10

747

Técnico en proxectos europeos

Oficina de Transferencia de Resultados de Investigación

Vicerreitoría de Investigación e Transferencia

24

25

849,55

N

C

A1/A2

Escala técnica superior/Escala técnica de grao medio

I+D

M

C

3

197

Técnico en equipos informáticos e electrónicos

Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñaría Civil

Vicerreitoría de Investigación e Transferencia

24

25A

930,61

N

C

A1/A2

Escala técnica superior/Escala técnica de grao medio

Equipos informáticos e electrónicos

P

C

201

Técnico de laboratorio

Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñaría Civil

Vicerreitoría de Investigación e Transferencia

19

19A

566,43

N

C

A2/C1

Escala técnica de grao medio/Escala técnica de especialistas

Mecánica

P

C

209

Bibliotecario/a

Servizo de Biblioteca Universitaria

Vicerreitoría de Investigación e Transferencia

21

21

566,32

N

C

A1/A2

Facultativo/Axudante

T

C

219

Bibliotecario/a

Servizo de Biblioteca Universitaria

Vicerreitoría de Investigación e Transferencia

21

21

566,32

N

C

A1/A2

Facultativo/Axudante

M

C

220

Bibliotecario/a

Servizo de Biblioteca Universitaria

Vicerreitoría de Investigación e Transferencia

21

21

566,32

N

C

A1/A2

Facultativo/Axudante

T

C

260

Posto base

Servizo de Organización Académica

Vicerreitoría de Títulos, Calidade e Novas Tecnoloxías

16

17

455,06

N

C

C1/C2

M

C

330

Técnico en calidade

Unidade Técnica de Calidade

Vicerreitoría de Títulos, Calidade e Novas Tecnoloxías

24

25

849,55

N

C

A1/A2

Escala técnica superior/Escala técnica de grao medio

Calidade

M

C

337

Delineante

Servizo de Arquitectura, Urbanismo e Equipamentos

Vicerreitoría de Planificación Económica e Infraestruturas

19

19

485,37

N

C

A2/C1

Escala técnica de grao medio/Escala técnica de especialistas

Delineante

M

C

341

Técnico mantementos

Servizo de Arquitectura, Urbanismo e Equipamentos

Vicerreitoría de Planificación Económica e Infraestruturas

19

19

485,37

N

C

A2/C1

Escala técnica de grao medio/Escala técnica de especialistas

Mantementos

M

C

345

Especialista de oficios

Servizo de Arquitectura, Urbanismo e Equipamentos

Vicerreitoría de Planificación Económica e Infraestruturas

16

16

451,34

N

C

C1/C2

Escala técnica de especialistas/Escala técnica auxiliar

Mantementos

M

C

 

342

Especialista de oficios

Servizo de Arquitectura, Urbanismo e Equipamentos

Vicerreitoría de Planificación Económica e Infraestruturas

16

16

451,34

N

C

C1/C2

Escala técnica de especialistas/Escala técnica auxiliar

Mantementos

M

C

357

Xefatura de servizo

Servizo de Estudantes

Vicerreitoría de Estudantes, Deportes e Cultura

28

29

1.335,09

S

C

A1/A2

M

C

358

Xefatura de sección de Acceso e Información

Servizo de Estudantes

Vicerreitoría de Estudantes, Deportes e Cultura

25

26

950,7

S

C

A1/A2/C1

M

C

359

Xefatura de negociado Atenc. e Promoc. do Estudan.

Servizo de Estudantes

Vicerreitoría de Estudantes, Deportes e Cultura

21

21

566,32

S

C

A2/C1

M

C

369

Posto base

Servizo de Estudantes

Vicerreitoría de Estudantes, Deportes e Cultura

16

17

455,06

N

C

C1/C2

M

C

370

Posto base

Servizo de Estudantes

Vicerreitoría de Estudantes, Deportes e Cultura

16

17

455,06

N

C

C1/C2

M

C

372

Auxiliar de servizos

Servizo de Estudantes

Vicerreitoría de Estudantes, Deportes e Cultura

14

15

441,22

N

C

C2/E-AP

Escala técnica auxiliar/Escala técnica de servizos

Auxiliar de servizos

M

C

378

Posto base

Sección de Extensión Universitaria

Vicerreitoría de Estudantes, Deportes e Cultura

16

17

455,06

N

C

C1/C2

M

C

380

Técnico en actividades culturais

Área de Cultura

Vicerreitoría de Estudantes, Deportes e Cultura

19

19

485,37

N

C

A2/C1

Escala técnica de grao medio/Escala técnica de especialistas

Actividades culturais

M

C

 

382

Técnico coordenador/a en deportes

Área de Deportes

Vicerreitoría de Estudantes, Deportes e Cultura

25

26

950,7

S

C

A1/A2

Escala técnica superior/Escala técnica de grao medio

Deportes

M

C

389

Posto base de relacións internacionais

Oficina de Relacións Internacionais

Vicerreitoría de Relacións Internacionais e Cooperación

16

19

485,37

N

C

C1/C2

M

C

1

390

Posto base de relacións internacionais

Oficina de Relacións Internacionais

Vicerreitoría de Relacións Internacionais e Cooperación

16

19

485,37

N

C

C1/C2

M

C

1

746

Posto base de relacións internacionais

Oficina de Relacións Internacionais

Vicerreitoría de Relacións Internacionais e Cooperación

16

19

485,37

N

C

C1/C2

M

C

1

59

Posto base de relacións internacionais

Oficina de Relacións Internacionais

Vicerreitoría de Relacións Internacionais e Cooperación

16

19

485,37

N

C

C1/C2

M

F

1

60

Técnico da OCV

Oficina de Cooperación e Voluntariado

Vicerreitoría de Relacións Internacionais e Cooperación

19

19

485,37

N

C

A2/C1

Escala técnica de grao medio/Escala técnica de especialistas

Cooperación e voluntariado

M

F

401

Posto base

Unidade de Xestión Académica Integrada de Esteiro
(UXAI-Esteiro)

Administración

Vicerreitoría do Campus de Ferrol e Responsabilidade Social

16

17

455,06

N

C

C1/C2

M

F

404

Posto base

Unidade de Xestión Académica Integrada de Esteiro
(UXAI-Esteiro)

Administración

Vicerreitoría do Campus de Ferrol e Responsabilidade Social

16

17

455,06

N

C

C1/C2

M

F

410

Conserxe

Conserxaría

Vicerreitoría do Campus de Ferrol e Responsabilidade Social

16

17

455,06

N

C

C1/C2

Escala técnica de especialistas/Escala técnica auxiliar

Conserxe

M

F

415

Auxiliar de servizos

Conserxaría

Vicerreitoría do Campus de Ferrol e Responsabilidade Social

14

15

441,22

N

C

C2/E-AP

Escala técnica auxiliar/Escala técnica de servizos

Auxiliar de servizos

T

F

416

Auxiliar de servizos

Conserxaría

Vicerreitoría do Campus de Ferrol e Responsabilidade Social

14

15

441,22

N

C

C2/E-AP

Escala técnica auxiliar/Escala técnica de servizos

Auxiliar de servizos

T

F

438

Auxiliar de servizos

Conserxaría

ETS de Arquitectura

14

15

441,22

N

C

C2/E-AP

Escala técnica auxiliar/Escala técnica de servizos

Auxiliar de servizos

M

C

457

Conserxe

Conserxaría

ETS de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos

16

17

455,06

N

C

C1/C2

Escala técnica de especialistas/Escala técnica auxiliar

Conserxe

M

C

462

Secretario/a de dirección

Dirección

ETS de Náutica e Máquinas

19

19

485,37

S

C

C1/C2

M

C

474

Auxiliar de servizos

Conserxaría

ETS de Náutica e Máquinas

14

15

441,22

N

C

C2/E-AP

Escala técnica auxiliar/Escala técnica de servizos

Auxiliar de servizos

T

C

475

Auxiliar de servizos

Conserxaría

ETS de Náutica e Máquinas

14

15

441,22

N

C

C2/E-AP

Escala técnica auxiliar/Escala técnica de servizos

Auxiliar de servizos

T

C

477

Administrador/a

Administración

EU de Arquitectura Técnica

25

25

849,55

S

C

A1/A2/C1

M

C

481

Xefatura de negociado de asuntos económicos

Administración

EU de Arquitectura Técnica

21

21

566,32

S

C

A2/C1

M

C

485

Auxiliar técnico de biblioteca

Biblioteca

EU de Arquitectura Técnica

18

19

485,37

N

C

A2/C1

Axudante/Auxiliar

T

C

494

Auxiliar de servizos

Conserxaría

EU de Deseño Industrial

14

15

441,22

N

C

C2/E-AP

Escala técnica auxiliar/Escala técnica de servizos

Auxiliar de servizos

T

F

500

Posto base

Administración

EU Politécnica

16

17

455,06

N

C

C1/C2

M

F

506

Auxiliar técnico de biblioteca

Biblioteca

EU Politécnica

18

19

485,37

N

C

A2/C1

Axudante/Auxiliar

T

F

508

Auxiliar de servizos

Conserxaría

EU Politécnica

14

15

441,22

N

C

C2/E-AP

Escala técnica auxiliar/Escala técnica de servizos

Auxiliar de servizos

M

F

 

513

Técnico de laboratorio

Laboratorios

EU Politécnica

19

19

485,37

N

C

A2/C1

Escala técnica de grao medio/Escala técnica de especialistas

Electricidade e electrónica

M

F

519

Posto base

Administración

Escola Politécnica Superior

16

17

455,06

N

C

C1/C2

M

F

521

Posto base

Administración

Escola Politécnica Superior

16

17

455,06

N

C

C1/C2

M

F

541

Administrador/a

Administración

Facultade de Ciencias

25

25

849,55

S

C

A1/A2/C1

M

C

567

Administrador/a

Administración

Facultade de Ciencias da Educación

25

25

849,55

S

C

A1/A2/C1

M

C

720

Xefatura de negociado

Unidade de Apoio a Departamentos e Investigación

Dirección

Facultade de Ciencias da Saúde

21

21

566,32

S

C

A2/C1

M

C

591

Auxiliar técnico de biblioteca

Biblioteca

Facultade de Ciencias da Saúde

18

19

485,37

N

C

A2/C1

Axudante/Auxiliar

T

C

Biblioteca Intercentros de Ciencias da Saúde e Fisioterapia

594

Administrador/a

Administración

Facultade de Ciencias do Deporte e da Educación Física

25

25

849,55

S

C

A1/A2/C1

M

C

599

Director/a de biblioteca

Biblioteca

Facultade de Ciencias do Deporte e da Educación Física

25

25

849,55

S

C

A1/A2

Facultativo/Axudante

M

C

603

Conserxe

Conserxaría

Facultade de Ciencias do Deporte e da Educación Física

16

17

455,06

N

C

C1/C2

Escala técnica de especialistas/Escala técnica auxiliar

Conserxe

M

C

604

Auxiliar de servizos

Conserxaría

Facultade de Ciencias do Deporte e da Educación Física

14

15

441,22

N

C

C2/E-AP

Escala técnica auxiliar/Escala técnica de servizos

Auxiliar de servizos

M

C

605

Auxiliar de servizos

Conserxaría

Facultade de Ciencias do Deporte e da Educación Física

14

15

441,22

N

C

C2/E-AP

Escala técnica auxiliar/Escala técnica de servizos

Auxiliar de servizos

M

C

607

Auxiliar de servizos

Conserxaría

Facultade de Ciencias do Deporte e da Educación Física

14

15

441,22

N

C

C2/E-AP

Escala técnica auxiliar/Escala técnica de servizos

Auxiliar de servizos

T

C

608

Auxiliar de servizos

Conserxaría

Facultade de Ciencias do Deporte e da Educación Física

14

15

441,22

N

C

C2/E-AP

Escala técnica auxiliar/Escala técnica de servizos

Auxiliar de servizos

T

C

619

Posto base

Administración

Facultade de Dereito

16

17

455,06

N

C

C1/C2

M

C

623

Xefatura de negociado de asuntos económicos

Administración

Facultade de Dereito

21

21

566,32

S

C

A2/C1

M

C

629

Auxiliar técnico de biblioteca

Biblioteca

Facultade de Dereito

18

19

485,37

N

C

A2/C1

Axudante/Auxiliar

T

C

631

Auxiliar de servizos

Conserxaría

Facultade de Dereito

14

15

441,22

N

C

C2/E-AP

Escala técnica auxiliar/Escala técnica de servizos

Auxiliar de servizos

M

C

633

Auxiliar de servizos

Conserxaría

Facultade de Dereito

14

15

441,22

N

C

C2/E-AP

Escala técnica auxiliar/Escala técnica de servizos

Auxiliar de servizos

T

C

653

Auxiliar técnico de biblioteca

Biblioteca

Facultade de Economía e Empresa

18

19

485,37

N

C

A2/C1

Axudante/Auxiliar

T

C

665

Posto base

Clínica Universitaria de Podoloxía

Facultade de Enfermaría e Podoloxía

16

17

455,06

N

C

C1/C2

M

F

En Hospital Naval

669

Secretario/a administrativo

Unidade de Apoio a Departamentos e Investigación

Dirección

Facultade de Filoloxía

18

18

465,15

N

C

C1/C2

M

C

678

Auxiliar técnico de biblioteca

Biblioteca

Facultade de Filoloxía

18

19

485,37

N

C

A2/C1

Axudante/Auxiliar

T

C

680

Auxiliar de servizos

Conserxaría

Facultade de Filoloxía

14

15

441,22

N

C

C2/E-AP

Escala técnica auxiliar/Escala técnica de servizos

Auxiliar de servizos

M

C

700

Bibliotecario/a

Biblioteca

Facultade de Informática

21

21

566,32

N

C

A1/A2

Facultativo/Axudante

T

C

705

Auxiliar de servizos

Conserxaría

Facultade de Informática

14

15

441,22

N

C

C2/E-AP

Escala técnica auxiliar/Escala técnica de servizos

Auxiliar de servizos

M

C

706

Auxiliar de servizos

Conserxaría

Facultade de Informática

14

15

441,22

N

C

C2/E-AP

Escala técnica auxiliar/Escala técnica de servizos

Auxiliar de servizos

T

C

719

Xefatura de negociado de Asuntos Económicos I

Administración

Unidade de Xestión Académica Integrada de Oza (UXAI-Oza)

21

21

566,32

S

C

A2/C1

M

C

721

Conserxe

Conserxaría

Unidade de Xestión Académica Integrada de Oza (UXAI-Oza)

16

17

455,06

N

C

C1/C2

Escala técnica de especialistas/Escala técnica auxiliar

Conserxe

M

C

722

Auxiliar de servizos

Conserxaría

Unidade de Xestión Académica Integrada de Oza (UXAI-Oza)

14

15

441,22

N

C

C2/E-AP

Escala técnica auxiliar/Escala técnica de servizos

Auxiliar de servizos

M

C

733

Auxiliar de servizos

Conserxaría

Unidade de Xestión Académica Integrada (Fac. Socioloxía/Fac. CC. da Comunicación)

14

15

441,22

N

C

C2/E-AP

Escala técnica auxiliar/Escala técnica de servizos

Auxiliar de servizos

M

C

735

Auxiliar de servizos

Conserxaría

Unidade de Xestión Académica Integrada (Fac. Socioloxía/Fac. CC. da Comunicación)

14

15

441,22

N

C

C2/E-AP

Escala técnica auxiliar/Escala técnica de servizos

Auxiliar de servizos

T

C

736

Técnico en medios audiovisuais

Laboratorios

Unidade de Xestión Académica Integrada (Fac. Socioloxía/Fac. CC. da Comunicación)

19

19

485,37

N

C

A2/C1

Escala técnica de grao medio/Escala técnica de especialistas

Medios audiovisuais

M

C

738

Secretario/a de instituto universitario

Secretaría

Instituto Universitario de Estudos Europeos

18

19

485,37

N

C

C1/C2

M

C

1

Notas:

O nivel de coñecemento de idiomas será o que establece a Orde do 18 de febreiro de 2011 (DOG do 26 de abril) do seguinte xeito:

Para os grupos A1 e A2: nivel C1. Para os grupos C1 e C2: nivel B2.

Formación específica:

1. Dominio de idiomas, preferentemente inglés.

2. Inglés e outro idioma da Unión Europea fóra do Estado español.

3. Dominio dos idiomas inglés e francés. Valoraranse como méritos coñecementos doutros idiomas, principalmente de países da Unión Europea.

4. Galego, inglés e francés. Coñecemento no desenvolvemento de páxinas web.

5. Formación de nivel superior en PRL.

6. Especialidade en deseño gráfico.

7. Coñecemento no desenvolvemento de páxinas web e tratamento dixital de imaxes e publicación.

8. Experiencia na coordinación e execución de tarefas da Unidade de Técnicas Instrumentais de Análise, no deseño do mantemento dos equipamentos desta e na súa manipulación.

9. Experiencia na coordinación e execución de tarefas da Unidade de Espectrometría Molecular, mantemento dos equipamentos de resonancia magnética nuclear e espectrometría de masas e na manipulación de equipamentos e optimización deles.

10. Experiencia e coñecementos no deseño do mantemento, manipulación, posta a punto e establecemento das condicións de operación dos equipamentos da Unidade de Microscopia. Previsión de funxibles.

11. Experiencia no deseño do mantemento, posta a punto e establecemento das condicións de operación dos equipamentos da Unidade de Análise Estrutural. Optimización de recursos de operación, realización de experimentos e previsión de funxibles.

12. Permiso de condución clase D.

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file