Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Luns, 17 de abril de 2017 Páx. 17995

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (47/2015).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que por resolución ditada no día da data, no proceso seguido a instancia de José Manuel Vidal Formoso contra o Fondo de Garantía Salarial debendo ser citadas Sequor Seguridad, S.A., Proseman, S.L. e Nordes Vigilancia, S.A., rexistrado como procedemento ordinario 47/2015 acordouse, en cumprimento do que dispón o artigo 59 da LJS, citar a Sequor Seguridad, S.A., Proseman, S.L. e Nordés Vigilancia, S.A., en ignorado paradoiro, co fin de que compareza o día 30 de maio de 2017 ás 11.00 horas, na planta baixa, sala 1, Edif. Rúa Berlín, para a celebración dos actos de conciliación e, se é o caso, xuízo, poderá comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada e deberá acudir con todos os medios de proba de que se intente valer, coa advertencia de que é única convocatoria e que os devanditos actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.

Advírteselles ás destinatarias que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza ou cando se trate de emprazamento.

No caso de que pretenda comparecer ao acto do xuízo asistido de avogado ou representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, poñerá esta circunstancia en coñecemento do xulgado ou tribunal por escrito, dentro dos dous días seguintes ao da súa citación para o xuízo, con obxecto de que, trasladada tal intención ao demandante, este poida estar representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, designar avogado noutro prazo igual ou solicitar a súa designación a través da quenda de oficio. A falta de cumprimento destes requisitos supón a renuncia da parte ao dereito de se valer no acto de xuízo de avogado, procurador ou graduado social colexiado.

Para que sirva de citación a Sequor Seguridad, S.A., Proseman, S.L. e Nordés Vigilancia, S.A., expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

Santiago de Compostela, 30 de marzo de 2017

A letrada da Administración de xustiza