Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Luns, 17 de abril de 2017 Páx. 18001

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 66/2017).

Eu, Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 66/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Juan Carlos Rodríguez Mallo contra a empresa Talleres Fernández Coruña, S.L., SS Fernández Concesionario, S.L., IFER Coruña, S.L., Talleres J. y M. Fernández, S.L.U., Automóviles J. y M. Fernández, S.L.U., sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se achega:

Parte dispositiva.

Acordo:

a) Declarar o executado Talleres Fernández Coruña, S.L., SS Fernández Concesionario, S.L., IFER Coruña, S.L., Talleres J. y M. Fernández, S.L.U., Automóviles J. y M. Fernández, S.L.U., en situación de insolvencia, por importe de 9.410,93 euros en concepto de principal, máis outros 941,09 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros e custas, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional.

b) Arquivar as actuacións logo de anotación no libro correspondente, sen prexuízo de reaperturar a execución se a partir deste momento se coñecen novos bens do executado.

c) Procédase á súa inscrición no rexistro correspondente.

Notifíqueselles ás partes, facéndolles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión, que se deberá interpor ante quen dita a resolución no prazo de tres días hábiles seguintes á notificación desta, con expresión da infracción cometida nela a xuízo do recorrente (artigo 188 da LXS). O recorrente que non teña a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá facer un depósito para recorrer de 25 euros na conta número 1596, clave 64 N, no Banesto, e deberá indicar no campo concepto «recurso», seguido do código «31 Social-revisión de resolucións letrado da Administración de xustiza». Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír tras a conta referida, separados por un espazo coa indicación «recurso», seguido do «31 Social-revisión de resolucións letrado da Administración de xustiza». Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, con indicación no campo de observacións da data da resolución contra a que se recorre utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

A letrada da Administración de xustiza.

Para que lle sirva de notificación en legal forma a Talleres Fernández Coruña, S.L., SS Fernández Concesionario, S.L., IFER Coruña, S.L., Juan Carlos Rodríguez Mallo, Talleres J. y M. Fernández, S.L.U., Automóviles J. y M. Fernández, S.L.U., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no DOG.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 22 de marzo de 2017

A letrada da Administración de xustiza