Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Luns, 17 de abril de 2017 Páx. 18082

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Guntín

EDICTO de información pública do proxecto de delimitación de solo de núcleo rural de Goia-Pradeda.

De conformidade do establecido no artigo 78 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, sométese a información pública durante o prazo de dous meses o proxecto de delimitación de solo de núcleo rural de Goia, na parroquia de Pradeda, co fin de que durante ese prazo, que comezará a contarse desde o día seguinte ao da inserción do presente edicto nos xornais El Progreso, La Voz de Galicia e no Diario Oficial de Galicia, poidan examinar o expediente na secretaría deste concello as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas e formular por escrito as alegacións ou reclamacións que consideren oportunas.

Guntín, 5 de abril de 2017

Jesús Carreira Ferreiro
Alcalde