BDNS (Identif.): 342092.
De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (BDNS) (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).
Primeiro. Beneficiarios
Poderán ser beneficiarios destas axudas as pequenas e medianas empresas segundo a definición establecida pola Comisión Europea no anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014 (DOUE L 187, do 26 de xuño), polo que se declaran determinadas categorías de axuda compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado, nas cales non concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10.2 e 3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG nº 121, do 25 de xuño) e cumpran as condicións establecidas no artigo 4 das bases reguladoras.
Segundo. Obxecto
As axudas concédense en réxime de concorrencia competitiva e teñen por obxecto estimular e impulsar a recuperación do tecido empresarial na Comunidade Autónoma, fomentar o desenvolvemento equilibrado do territorio galego e favorecer a creación de emprego a través da subvención á creación de pequenas e medianas empresas por parte de novos emprendedores, así como aos proxectos de investimento para a ampliación de pequenas e medianas empresas xa creadas, sempre que cumpran os requisitos para seren consideradas nova peme.
Terceiro. Bases reguladoras
Resolución do 30 de marzo de 2017 pola que se dá publicidade do acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas para novos emprendedores, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva (Galicia Emprende).
Cuarto. Importe
Os créditos dispoñibles para concesións nestas convocatorias aboaranse con cargo á aplicación orzamentaria 09.A1.741A.7704 e polos seguintes importes con cargo aos seguintes exercicios:
Convocatoria 2017.1: 400.000 € con cargo ao exercicio 2017 e 2.100.000 € para o ano 2018.
Convocatoria 2017.2: 75.000 € con cargo ao exercicio 2017, 925.000 € para o ano 2018 e 500.000 € para o ano 2019.
Convocatoria 2017.3: 25.000 € con cargo ao exercicio 2017, 125.000 € para o ano 2018 e 850.000 € para o ano 2019.
Quinto. Prazo de presentación de solicitudes
Na convocatoria 2017.1 o prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte á publicación da resolución de convocatoria no Diario Oficial de Galicia e finalizará o 20.6.2017.
Na convocatoria 2017.2 o prazo de presentación de solicitudes comezará o 30.6.2017 e finalizará o 29.9.2017.
Na convocatoria 2017.3 o prazo de presentación de solicitudes comezará o 10.10.2017 e finalizará o 30.11.2017.
Santiago de Compostela, 30 de marzo de 2017
Pablo Casal Espido
Secretario xeral do Instituto Galego de Promoción Económica