Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Martes, 18 de abril de 2017 Páx. 18126

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 29 de marzo de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para o apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas, para a creación de empresas para os agricultores mozos e para a creación de empresas para o desenvolvemento de pequenas explotacións, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2017.

Advertidos erros na dita orde, publicada no Diario Oficial de Galicia número 64, do 31 de marzo de 2017, cómpre facer as oportunas correccións:

Na páxina 15543, engádese ao punto 1 do artigo 3 o seguinte: «Este requisito non será aplicable aos beneficiarios da submedida 6.3.».

Na páxina 15550, no primeiro parágrafo, onde di: «– Os cambios que non supoñan a modificación da licenza non será necesario solicitalos e na solicitude de pagamento entregarase o proxecto coas modificacións e coa certificación municipal de non modificación da licenza orixinal...», debe dicir: «– Os cambios que non supoñan a modificación da licenza non será necesario solicitalos e na solicitude de pagamento entregarase o proxecto ou a certificación final de obra coas modificacións e cun informe municipal de non modificación da licenza orixinal...».

Na páxina 15550, no terceiro parágrafo, onde di: «Estes cambios sobre os investimentos deberán ser autorizados pola Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, por delegación da conselleira do Medio Rural, agás aqueles que non supoñan cambios nas características técnicas, que serán autorizados polo xefe do servizo territorial de explotacións agrarias correspondente», debe dicir: «Estes cambios sobre os investimentos deberán ser autorizados pola Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, por delegación da conselleira do Medio Rural, agás aqueles que simplemente supoñan cambios nas características técnicas, que serán autorizados polo xefe do servizo territorial de explotacións agrarias correspondente».

Na páxina 15557, no cuarto parágrafo, que pertence ao artigo 17, onde di: «– Unha referencia á axuda do Feader», debe dicir: «– Unha referencia á axuda do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural».

Na páxina 15557, no sétimo parágrafo, que pertence ao artigo 17, onde di: «...o lema Feader: «Europa inviste no rural»», debe dicir: «... o lema Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural: «Europa inviste no rural»».

Na páxina 15562, no artigo 22, letra d), onde di: «..., cando sexa efectiva a incorporación do mozo,...», debe dicir: «..., cando finalice a instalación do mozo de acordo coa situación prevista...».

Na páxina 15567, o punto 2 do artigo 24 queda redactado como segue: «2. Os documentos sinalados nas anteriores letras f), g), h) e i) poderán ser presentados unha vez aprobada a subvención xunto coa xustificación da realización do plan empresarial. Nestes casos, coa solicitude de axuda á primeira instalación xuntarase un compromiso debidamente asinado».

Na páxina 15575, no terceiro parágrafo, do punto 3 do artigo 30, onde di: «A compra de dereitos de produción; plantas anuais e a súa plantación;...», debe dicir: «A compra de dereitos de produción; dereitos de axuda; licencias e taxas administrativas; animais; plantas anuais e a súa plantación;...».

Na páxina 15575, no punto 5 do artigo 30, onde di: «O volume total do investimento elixible máximo subvencionable para cada beneficiario será de 120.000 €/UTA, cun máximo de 1.000.000 €, nun período de catro anos, e poden destinar, como máximo, un 30 % para a adquisición de maquinaria agrícola. Para o cálculo do investimento máximo, en función do límite máximo por UTA, consideraranse as UTA iniciais», debe dicir: «O volume total do investimento elixible máximo subvencionable para cada beneficiario será de 120.000 €/UTA, cun máximo de 1.000.000 €/explotación, nun período de catro anos, e poden destinar, como máximo, un 30 % para a adquisición de maquinaria agrícola. Para o cálculo do investimento máximo, en función do límite máximo por UTA, consideraranse as UTA iniciais agás que sexan menores na situación prevista».

Na páxina 15607, no segundo parágrafo, do punto A), do anexo V, onde di: «...dentro dos nove meses seguintes á data de resolución de concesión da axuda», debe dicir: «.. dentro dos nove meses seguintes á notificación da concesión da axuda».

Na páxina 15607, no terceiro parágrafo, do punto A), do anexo V, onde di: «...de acordo co artigo 24, letra d),...», debe dicir: «...de acordo co artigo 24, punto 1, letra c),...».

Na páxina 15620, a clave 59, subclave 1, do cadro de datos do anexo V (continuación), onde di:

59

1

Poñedora ecolóxica

39,67 €

1,21 €

38,46 €

Praza

200 prazas

Debe dicir:

59

1

Poñedora ecolóxica

39,67 €

38,46 €

1,21 €

praza

4.000 prazas