Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Mércores, 19 de abril de 2017 Páx. 18423

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Sanidade

ORDE do 4 de abril de 2017 pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión dun posto de persoal directivo na Xestión Integrada de Santiago de Compostela.

Por Orde desta consellería do 28 de febreiro de 2017 (DOG núm. 48, do 9 de marzo), convocouse a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de persoal directivo na Xestión Integrada de Santiago de Compostela.

De conformidade co establecido no artigo 59 do Decreto 206/2005, do 22 de xullo, de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, e en exercicio das competencias que ten atribuídas esta consellería,

DISPOÑO:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública efectuada por Orde desta consellería do 28 de febreiro de 2017 (DOG núm. 48, do 9 de marzo), para os efectos previstos no punto 2 do artigo 59 do Decreto 206/2005, do 22 de xullo (DOG núm. 145, do 29 de xullo), de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde.

Segundo. Seleccionar e nomear, para o desempeño do posto que se indica, á persoa que figura no anexo desta orde.

Terceiro. Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da súa publicación, ante o xulgado do contencioso-administrativo competente de conformidade co establecido nos artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Potestativamente, e con carácter previo, poderase interpoñer recurso administrativo de reposición ante este órgano directivo, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da súa publicación, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 4 de abril de 2017

Jesús Vázquez Almuíña
Conselleiro de Sanidade

ANEXO

Posto: xerente de Xestión Integrada.

Nome e apelidos: Eloína Núñez Masid.

DNI (*): *****351Y.

* Ocúltase parcialmente o número de documento nacional de identidade para preservar os datos de carácter persoal, de acordo coa Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro.