Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Mércores, 19 de abril de 2017 Páx. 18484

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 4 de abril de 2017, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifica a convocatoria para o pagamento do prezo xusto, acordado polo Xurado de Expropiación de Galicia, do proxecto LMT derivada Macedo, no concello de Palas de Rei (expediente 004/2014 AT).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselles aos interesados descoñecidos, dos cales se ignore o lugar de notificación, ou ben, intentada esta, non se puidese practicar, que se sinalan no anexo deste anuncio, o Acordo do 3 de abril de 2017, da Xefatura Territorial de Lugo, no cal se sinala o día 3 de maio de 2017, ás 10.30 horas, na Casa do Concello de Palas de Rei, como lugar de convocatoria para o pagamento do prezo xusto dos predios situados nese concello.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Lugo, 4 de abril de 2017

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Interesado

Polígono

Parcela

Concello

Elena Viña Vázquez

65

624

Palas de Rei

Descoñecido

65

632

Palas de Rei