Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Mércores, 19 de abril de 2017 Páx. 18474

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 22 de marzo de 2017, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Burela (expediente IN407A 2017/6-2, 8474 AT).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Begasa.

Domicilio social: parque empresarial As Gándaras, r/ A, parcela U2, Lugo.

Denominación: LMTS, novo CT Cantiño e modificación da RBT existente.

Situación: concello de Burela.

Características técnicas:

1. LMTS a 20 kV con orixe no apoio 29 da LMT Burela, entra e sae no CT Cantiño (proxectado) e remata no apoio 29 da LMT Burela e CT Areoura (1315), cunha lonxitude de 110 metros en condutor tipo 2×(RHZ 12/20 kV 3×1×240 mm2).

2. CT Cantiño en edificio non prefabricado, cunha potencia proxectada de 2×630 kVA, no cal se instalan dúas celas de liña e dúas de protección, relación de transformación 20.000/400-230 V.

3. RBTS con orixe no CT Cantiño formada por nove circuítos cunha lonxitude de 790 metros de condutor novo e 145 metros de condutor recuperado en obra tipo RV.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o proxecto e presentar as súas alegacións, nesta xefatura territorial, sita na rolda da Muralla, nº 70, baixo 2, Lugo, no prazo de vinte días a partir do seguinte ao da última publicación desta resolución.

Lugo, 22 de marzo de 2017

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo