Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Xoves, 20 de abril de 2017 Páx. 18637

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 20 de marzo de 2017, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Vigo (expediente IN407A 2017/150-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: travesía de Vigo, nº 204, 36207 Vigo.

Denominación: LMTS SDM704, CT Cantera Ayuntamiento.

Situación: Vigo.

Características técnicas: LMT subterránea a 15 kV con condutor RHZ de 684 metros de lonxitude, con orixe no centro de seccionamento existente Camiño dos Carreiros e final na LMTS SDM704, unha vez entre e saia do centro de transformación proxectado Cantera Ayuntamiento. Centro de transformación de 400 kVA, RT 15 kV/400-230 V, situado no lugar da Laxe, Sárdoma, Vigo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Edificio Administrativo, avenida Fernández Ladreda, 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 20 de marzo de 2017

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra