De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícase á persoa relacionada no anexo o acto que se indica, despois de que fose devolto polo servizo de Correos porque, intentadas dúas veces a notificación, esta non se poido efectuar.
Segundo se establece no artigo 46 da citada lei, o interesado dispón dun prazo de dez (10) días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, para examinar estes actos na sede desta xefatura territorial, situada na rúa Fernández Ladreda, 43, 4ª planta, de Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Os actos foron adoptados por quen se indica no anexo.
Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado.
Pontevedra, 28 de marzo de 2017
José Manuel González González
Xefe territorial de Pontevedra
ANEXO
Expediente |
Interesado |
Acto notificado |
Acto adoptado por |
CON-PO-0093/2017 |
Ángel Prieto Seijo |
Incoación |
Xefe territorial |