Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Venres, 21 de abril de 2017 Páx. 18870

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

RESOLUCIÓN do 28 de marzo de 2017, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural, pola que se fai pública a formalización do contrato, por procedemento aberto non suxeito a regulación harmonizada, da subministración sucesiva por prezos unitarios, mediante acordo marco cun único empresario, de mangueiras para os servizos de prevención e defensa contra incendios forestais da Xunta de Galicia, durante os anos 2017 e 2018. Documentalmente simplificado (expediente 3/2017).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería do Medio Rural.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: contrato administrativo de subministracións.

b) Descrición do obxecto: subministración sucesiva por prezos unitarios, mediante acordo marco cun único empresario de mangueiras para os servizos de prevención e defensa contra incendios forestais da Xunta de Galicia.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=86010

d) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG do 5 de xaneiro de 2017.

e) División por lotes e número: non.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria, anticipada de gasto. Procedemento aberto, non suxeito a regulación harmonizada.

4. Orzamento de licitación.

Importe neto: 148.200,00 €, IVE (21 %): 31.122,00 €. Importe total: 179.322,00 €.

Valor estimado: 163.020,00 € (incluídas posibles modificacións).

5. Financiamento: fondos propios.

6. Adxudicación e formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 10 de marzo de 2017.

b) Adxudicataria: Productos y Mangueras Especiales, S.A.

c) Importe de adxudicación do acordo marco: o importe unitario por tramo de mangueira é de 93,50 € (sen IVE).

d) Data de formalización do acordo marco: 15 de marzo de 2017.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: ser a oferta economicamente máis vantaxosa para a Administración, logo de aplicar os criterios de adxudicación e cumprir con todos os criterios dos pregos de condicións.

Santiago de Compostela, 28 de marzo de 2017

Mª del Carmen Bouso Montero
Secretaria xeral técnica da Consellería do Medio Rural