Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Venres, 21 de abril de 2017 Páx. 18808

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Pontevedra

EDICTO (330/2015).

Eu, Patricia Raposo Fernández, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Pontevedra, por este edicto

Anuncio:

Neste procedemento, seguido por instancia de Mafari Café, S.L.U. contra Bruno André Martins Soeiro, ditouse sentenza cuxo teor literal é o seguinte:

«Sentenza nº 14/2017.

Pontevedra, 7 de febreiro de 2017

Vistos por Cristina Delgado Moro, maxistrada xuíza en substitución por causa de abstención do Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Pontevedra e o seu partido xudicial, estes autos de xuízo ordinario 330/2015, sobre responsabilidade contractual, promovidos por instancia da mercantil Mafari Café, S.L.U., representada polo procurador Sr. Sanjuan Fernández e asistida polo letrado Sr. Cuiñas Rodríguez, contra Bruno André Martins Soeiro, en situación procesual de rebeldía, constando suficientemente acreditadas as súas circunstancias persoais en autos.

Resolvo:

Estimar integramente a demanda interposta polo procurador Sr. Sanjuan Fernández, en nome e representación da mercantil Mafari Café, S.L.U., contra Bruno André Martins Soeiro, en situación procesual de rebeldía, e declarar resolto o contrato de adquisición de café en exclusiva celebrado entre as partes o 2 de xaneiro de 2007, e condeno a Bruno André Martins Soeiro a aboarlle á parte demandante a suma de 4.566,54 euros por incumprimento contractual e a suma de 2.000 euros en virtude de cláusula penal pactada por incumprimento da obrigación de consumo de café convido, e declarar resolto o contrato de cesión de bens celebrado entre as partes o 9 de outubro de 2014 por incumprimento contractual.

Todo isto con imposición das custas causadas á parte demandada.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e comuníqueselles que contra ela cabe recurso de apelación cuxo coñecemento lle corresponde á Audiencia de Pontevedra, que se deberá interpor este ante este xulgado no prazo de vinte (20) días contados a partir do seguinte ao da súa notificación.

Así o acordo, mando e asino por esta miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia».

Ao encontrarse o dito demandado, Bruno André Martins Soeiro, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Pontevedra, 9 de marzo de 2017

A letrada da Administración de xustiza