Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Luns, 24 de abril de 2017 Páx. 19088

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 4 de abril de 2017, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica o inicio do expediente PSC-CO-0280/2017-PPM e tres máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase á persoa interesada que se sinala no anexo deste anuncio o inicio do expediente PSC-CO-0280/2017-PPM e tres máis.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE), polo que o prazo para presentar alegacións se computará desde esa publicación.

A persoa interesada poderá comparecer nas oficinas da sede da Xefatura Territorial da Consellería do Mar, sita na rúa Ramón y Cajal, 2, 5º, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do acordo de inicio e constancia de tal coñecemento.

A persoa interesada dispón dun prazo de 15 días para achegar cantas alegacións, documentos ou informacións xulgue pertinentes e, de ser o caso, propoñer proba concretando os medios de que pretenda valerse, segundo o disposto no artigo 64.2.f) da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

De non efectuar alegacións sobre o contido do acordo de inicio no prazo previsto no artigo citado, este poderá ser considerado proposta de resolución, cos efectos previstos para esta no artigo 89.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de conformidade co establecido no artigo 64.2.f) citado.

A Coruña, 4 de abril de 2017

Juan Carlos Barreiro González
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: PSC-CO-0280/2017-PPM.

Persoa interesada: José Antonio Suárez Nogueira.

Acto de notificación: inicio.

Último enderezo coñecido: Ponte de San Francisco, 3, Lousame.

Expediente: PSC-CO-0284/2017-PPM.

Persoa interesada: Emilio Solar Millán.

Acto de notificación: inicio.

Último enderezo coñecido: avenida da Coruña, 68-A, 7º A, Ribeira.

Expediente: PSC-CO-0285/2017-PPM.

Persoa interesada: José Antonio Abeijón Martínez.

Acto de notificación: inicio.

Último enderezo coñecido: Amarella, 1, portal 2, 2º F, Ribeira.

Expediente: PSC-CO-0288/2017-PRE.

Persoa interesada: Manuel Núñez Pérez.

Acto de notificación: inicio.

Último enderezo coñecido: Santa Cruz, 15, A Pobra do Caramiñal.