Por decretos do alcalde, do 10 de abril de 2017, convócanse os seguintes procesos de selección, para a execución do programa de integración laboral mediante execución de obras e servizos mínimos municipais financiado pola Deputación Provincial da Coruña, conforme as bases aprobadas nos ditos decretos, que se atopan á disposición dos interesados na páxina web do concello e que serán publicadas no BOP:
– 1 auxiliar de biblioteca, a tempo parcial durante 5 meses.
– 4 peóns de servizos varios, a tempo parcial durante 6 meses.
O prazo de presentación de solicitudes será de dez (10) días hábiles, a partir do seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.
Arzúa, 18 de abril de 2017
José Luis García López
Alcalde


