Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Luns, 24 de abril de 2017 Páx. 19119

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ourense

ANUNCIO polo que se dá publicidade á sentenza 54/2017 no procedemento ordinario 4188/2012 (expediente Planeamento 548/09).

Auto da Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, polo que se lle dá publicidade á parte dispositiva da sentenza 54/2017, do 9 de febreiro de 2017.

Visto pola Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia o procedemento ordinario 4188/2012 contra o acordo do Pleno do Concello de Ourense do 20 de xaneiro de 2012, que aprobou definitivamente o Plan especial de protección do BIC coa categoría de sitio histórico do conxunto das fontes termais das Burgas e o seu contorno delimitado, interposto por Luis Soto Rebollo e Adolfo Pereira Marimón, ditouse sentenza 54/2017, do 9 de febreiro, pola que se estima parcialmente o recurso contencioso-administrativo interposto.

Polo tanto, de conformidade co disposto nos artigos 72 e 107 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, e co fin de levar a puro e debido efecto a dita sentenza, resólvese dar publicidade á súa parte dispositiva, que a seguir se transcribe:

«Por todo o exposto, en nome do rei, pola autoridade que lle confire a Constitución, esta sala decidiu: 1) Estimar o recurso contencioso-administrativo interposto por Luis Soto Rebollo e Adolfo Pereira Marimón contra o acordo e o decreto indicados no primeiro fundamento desta sentenza; 2) Anular o dito acordo e os puntos 30 do anexo I e 30 do anexo II do Decreto 187/2011; 3) Impor ao Concello de Ourense, co límite sinalado, as custas procesuais causadas.

Contra esta sentenza cabe interpor, ben ante o Tribunal Supremo, ben ante a correspondente sección desta sala, o recurso de casación previsto no artigo 86 da Lei xurisdicional, que se deberá preparar mediante escrito que se presentará nesta sala no prazo de trinta días e cumprindo os requisitos indicados no artigo 89.2 da dita lei».

A Xunta de Goberno local, en sesión ordinaria do 9 de marzo de 2016, no punto 6 da orde do día acordou non recorrer contra a sentenza.

Ourense, 27 de marzo de 2017

Jesús Vázquez Abad
Alcalde presidente